Saltar navegación

Ondas-alias

Se utilizamos taxas de mostraxe por debaixo da frecuencia que define o teorema Nyquist por exemplo de 18 kHz para representar un sinal de 12kHz de frecuencia toparémonos con dobres ou alias do sinal a unha frecuencia máis baixa, erros de observación ou artefactos que xurden da propia medición e disturbian o son orixinal (aínda que tamén os poidas empregar de xeito creativo). Son os famosos dobres ou alias do sinal (foldover ou aliasing en inglés)

Cos datos obtidos desa mostraxe errónea poderíamos representar dúas sinais: o sinal orixinal e outro, o alias, á unha frecuencia máis grave. É un efecto sonoro semellante ó das imáxenes paradóxicas. De qué se trata dunha vella ou dunha xoven, dun xarrón ou de dúas caras enfrentadas?