Saltar navegación

Onda seno


Altura claras e definidas

A percepción dunha altura clara e definida nun fenómeno vibratorio está directamente relacionado coa existencia dun patrón de amplitudes que se repita de xeito regular. Así que para ter altura, precisamos formas de onda periódicas (é dicir, xeradas en base a un patrón que se repita regularmente), e inevitablemente unha frecuencia, a frecuencia de repetición dese patrón no tempo.

 [fonte: onda seno]

 

Onda sinusoidal

O son deste parche, o que acabamos de escoitar corréspondese á onda sinusoidal, sinusoide ou onda seno. Son tres das acepcións coas que se lle coñece. Se corresponde cun movemento circular uniforme (por exemplo o que fai a agulla do segundeiro nun reloxio) É o son máis simple que se pode crear electrónicamente por eso tamén recibe o nome movemento armónico simple. A onda seno é un moi bo exemplo de patrón repetitivo de amplitudes. O son acústico máis parecido é o que produce un diapasón; empregado para afinar instrumentos musicais precisamente por iso, pola simplicidade, “pureza” ou ausencia de armónicos do seu son (non intoxica a percepción da altura que nos interesa coma referencia para afinar instrumentos). Moitas veces, e en determinados contextos, a frauta traveseira, tamén pode reproducir un son pobre en armónicos moi similar ó dunha sinusoide.

   

 [fonte: frautista]  

 

E sí, coma moi ben adiviñaches a onda seno ten que ver coas mates, concretamente coa rama da trigonometría. Unha sinusoide é en esencia a curva que representa gráficamente a función seno, é dicir o debuxo que xera o noso osciloscopio. Pero saberías dicirnos que é unha función matemática?

Actividade

Trata de representar gráficamente nun folio o diámetro dunha reloxo seguindo a dirección das súas agullas de xeito que o trazo vaia sempre no mesmo senso, de esquerda a dereita. Atención, non podes ir nunca marcha atrás (sería facer trampa). Cóma fixeches? Non é doado. Pois a onda seno responde precisamente a ésa cuestión.

 [fonte: reloxio animado]

Imaxina que estás a recorrer co teu furabolos o borde do reloxio seguindo o segundeiro iniciando o movemento xusto cando este empeza en cero (ou sesenta). Espera... un intre máis....xa!!!: a qué altura do reloxio (con respecto a unha liña imaxinaria que une os segundos 45 e 15) se atopa o dedo no segundo 1?, e no segundo 2?, e no segundo 3?... e no 60? Por cada valor de tempo damos coma resposta un altura determinada. A liña que une os segundos 15 e o 45 separa os valores positivos (por enriba da liña) dos negativos (por debaixo) —éstes eran xusto os que non eramos capaces de representar anteriormente—

 

Función matemática

Unha función matemática fai precisamente iso: relaciona dous valores tan íntimamente que un deles só se explica como resposta do outro. É coma unha máquina de facer embutidos ou picar carne. Introduces a carne e sae picada, ou ben partes do cerdo e obtés un chourizo. Elevar un número o cadrado é outro exemplo de función matemática moito máis simpre que a onda seno. A 2 engádeslle a función elevar ó cadrado e sacas 4, si llo engades a catro sacas oito... Coa nosa función seno no reloxio sucede o mesmo: no segundo 1 temos a algura x1, no segundo 2 – x2… e así sucesivamente.

Pregunta Verdadeira ou Falsa

 

Pregunta 1

A onda seno é a representación gráfica dun movemento circular uniforme

Pregunta 2

A percepción dunha altura clara e definida está directamente relacionado coa existencia dun patrón de amplitudes

Pregunta 3

O diapasón e o instrumento que produce o son máis diferente da onda seno

Pregunta 4

A onda sinusoidal produce o son máis complexo que existe

Pregunta 5

Unha onda seno é o máis simple patrón repetitivo de amplitudes