Saltar navegación

O silencio e John Cage

 

A escala de decibelios indica 0 dB no límite da escoita. Pero onde está ese límite? Coaseguinte e famosa anécdota do coñecido compositor de vangarda John Cage, un dos máis influintes músicos do século pasado e autor de libros absolutamente recomendables coma precisamente o que leva por título Silencio, queremos propoñerte que reflexiones sobre este concepto.

Hai son se ninguén o escoita? É posible o silencio? Estaría ben que establecésedes un debate por grupos para dar resposta a estas dúas preguntas e despois expuxérades ó resto dos compañeiros as vosas conclusións. 

En 1951 John Cage visitou a camara anecoica da universidade de Harvard para obter unha perspectiva do “silencio total” , ao chegar aí deuse conta de que nesta cámara percibía dous sons, un alto e outro baixo , o primeiro o seu sistema nervioso e o segundo os latexos do seu corazón e osangue correndo polas súas veas, isto cambiou por completo o seu concepto do silencio, non había maneira realmente de experimentar o “silencio” mentres se estivese vivo , entón o expresa: “O significado esencial do silencio é a perda de atención.. o silencio non é acústico é soamente o abandono da intención de oir”.

Unha cámara anecoica é unha sala completamente “insonorizada” especialmente deseñada para absorver o son que incide sobre as súas paredes, chan e teito. Está illada do exterior e consta dunhas paredes cubertas con cuñas construídas de materiais como a fibra o vidro ou espumas porosas.

4´33´´, composta en 1952, é a obra máis famosa de Cage. Nela se extende o concepto tradicional de música que pasa a abranguer todos os sons que nos rodean no espazo, dunha forma que inda hoxe en día resulta provocadora, trastocando completamente e de xeito moi refinado os papeis tradicionais que se reserva intérprete e público nos concertos.

Aquí tes a partitura da obra

 

"NOTA: O título desta obra é a lonxitude total en minutos e segundos da súa interpretación O 29 de agosto de 1942 en Woodstock Nova Iorque o título foi 4´33´´ e as tres partes foron 33´´, 2´40´´ e 1´20´´. Foi interpretada por David Tudor, pianista, quen indicou os comezos de cada parte pechando os finais abrindo a tapa que cubre o teclado. Sen embargo a peza pode ser interpretada por calquer instrumento ou combinación de instrumentos e prolongarse calquera lonxitude de tempo".

Para Irvin Kremen

John Cage

[versión de 4´33" para Zanfona interpretada realizada por Ulobit na Praza do Toural de Santiago de Compostela no ano 2012]

Seríades capaces de interpretala en clase? Durante 50´? O voso profesor ben vos agradecería o esforzo cun rendido, merecido e emocionado aplauso.

Actividade de encher espazos

Lea o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

Unha cámara é unha sala completamente insonorizada

4´33´´foi composta en  por John Cage

4´33´´ está adicada a

4´33´´ foi estreada por

Na cámara canecoica de Harvard Cage percibía os o seu e os do seu

John Cage visitou a cámara anecoica da Universidade de en

4´33´´ consta de partes

Habilitar JavaScript