Saltar navegación

O horizonte de Nova Iorque

Escoita esta peza. Recórdache a algo?

[INSERTAR MELODÍA DE CIDADE]

A Melodía do horizonte de Nova Iorque foi orixinalmente escrita para piano en 1939 en Río de Janeiro. Sería o propio compositor quen faría a transcripción para orquestra que acabamos de escoitar ese mesmo ano.

O material melódico da obra baséase no método que Vila-Lobos chamou millimetrization, que consiste na proxección dos contornos de calquera horizonte en papel milimétrico de xeito que se cree un gráfico. A este gráfico se interpreta a partir das coordenadas cartesianas de feito que as liñas do eixo horizontal representen un rango de notas e as do vertical un espazo de tempo, neste caso de 3´de duración.

Esta técnica xa fora utilizada por primeira vez por Vila-Lobos nunha peza curta anterior para piano titulada Melodia da Montanha. Aquí a fonte da melodía foi de feito o perfil dunha postal de Manhattan na época cos seus rañaceos de vertixe, e deu lugar musicalmente a grandes e frecuentes saltos interválicos.

Este traballo representa un dos primeiros exemplos da aplicación dese proceso. A melodía do horizonte de Nova Iorque, ten unha duración de tres minutos. Ten dúas seccións case idénticas nunha textura de melodía acompañada.

Propóñote facer o mesmo exercicio doutro xeito. Consigue unha postal ou fai ti mesmo unha fotografía do perfil dunha montaña, da túa cidade favorita, de cinco horizontes da mesma etc. Imprime as fotografías.

Debuxa dous eixos cartesianos sobre papel vexetal —son dúas liñas perpendiculares unha vertical e outra horizontal. Os eixos deben enmarcar a fotografía que fixeches. Sinala cun lápiz ben afiado e a axuda dunha regra os milímetros nas liñas xa debuxadas. Sitúa o pael vexetal sobre a fotografía de forma que realmente os dous eixos enmarquen toda a foto. Agora escolle unha taxa de mostraxe e anota o perfil da fotografía que che interesa situando os puntos na distancia que establezas coma constante (cada milímetro, cada cinco ou cada dez milímetros por exemplo). Une eses puntos, cecáis ou non precises da regra —estás interpolando valores— facendo as transicións suavemente. Xa tes o perfil da túa cidade mostraxeaado.