Saltar navegación

Números e máis números

O ordenador só coñece unha linguaxe: a linguaxe dos números. Se queremos comunicarnos con el, temos que representar a realidade mediante expresións matemáticas.

Toda a variedade da realidade, en toda a súa complexidade, transformada en secuencias númericas, algoritmos, fórmulas, funcións...!

Hai que saber moitas matemáticas (e ser realmente inxeniosos!!)

Parece incrible que o único gardado na memoria dos computadores sexan números!!. Pero así sucede, sexa cal sexa o fenómeno do que esteamos a falar. E por suposto tamén no caso do son!

Para transformar o son (sinais continuas, analóxicas) en listas de números (discretos, dixitais), e á inversa, listas de números en son, empregamos os convertidores.