Saltar navegación

Niveis brutais de intensidade

  

"Oye tronco como ronco / volumen brutal / por mucho que me muevas / no me pienso despertar"

Siniestro Total retrataba dese xeito o insoportable volume sonoro dun ronquido. Hai experiencias musicais tan, tan, tan extremas que están relacionadas cunha vivencia física do son coma vibración ou no seu afán imersivo a súa expresividade reside precisamente en inundarnos e afectarnos con sons a partires de moitos watios de potencia.

Esta é a descripción da asistencia a un concerto de Extreme Noise do artista xaponés Merzbow que en moitas das súas propostas absolutamente estremas entrega ós asistentes tapóns auditivos limitadores. Trátase dunha experiencia inmersiva que excede a escoita e se dirixe a unha percepción física das ondas sonoras a través do teu corpo.

"Pódese achegar un ao noise desde un punto de partida máis ben intelectual e de exploración das novas fronteiras da música e a arte sonora. Os diversos estilos de noise, por exemplo as recentes gravacións de Joey Colley ou algunhas gravacións de paisaxes sonoras, escoitados tranquilamente, especialmente con auriculares, tenden a producir sensacións sutís e ás veces un estraño a cougo.

Non é este o caso cando se trata dun concerto en directo do que se considera o artista máis importante de Noise.

En efecto, un concerto de Merzbow convértese nunha experiencia inesquecible, case transcendental a primeira vez (como antonte en Bruxelas para algún). Antonte executou unha longa suite de 50 minutos, unha especie de bis de 9 minutos e sen mirar sequera á audiencia procedeu a recoller el mesmo os cables e aparellos que compuñan o seu set instrumental.

Un concerto de Merzbow é algo moi físico e orgánico. Unha avalancha de son a volume casáseque doloroso (os tapóns para oídos que se recomendan convértense en cáseque necesarios) que sobrecollee, excita, conmove e provoca cadeas de sensacións xa esquecidas ou completamente novas. Pódese ver mesmo xente bailando

Este xaponés impertérrito en escena prodúcese con enerxía, violencia ou calma tensa sobre os seus cacharros máis ou menos electrónicos desprendendo sons tan abafadores como ás veces opresivos".

[Fonte: http://eltrasterodetuerasmuypop.blogspot.com.es/2011/04/merzbow-rey-del-noise.html]