Saltar navegación

Índices acústicos

Na derradeira fila da táboa dos rexistros aparece a nota Do con diferentes acompañada de cifras (Do1 Do2 Do3 etc...) e na primeira unha serie de termos (subcontra, contra, grande pequena...) son índices acústicos. Empréganse para poder referenciar unha nota concreta dentro do rango completo de alturas.

Desgraciadamente o seu uso non está estandarizado así que tes que estar alerta e deducir no texto que estés a ler, cal é o sistema que están a utilizar. Nesta imaxe podes atopar unha correspondencia entre o índice que se emprega na táboa superior e a súa notación escrita.

 

 

 

 

De tódolos xeitos hai tres sistemas de notación de escalas. Para que non te líes aquí podes atopar máis información sobre eles.

 

Sistema americano

Numera as escalas empregando subíndices. A oitaba central sería o oitava 4 neste sistema de numeración. Por debaixo da Oitava 1, a Oitava (sen número) e aínda máis grave a Oitava -1, logo a -2 etc. Este sistema é precisamente ó que nos acabamos de referir que emprega a derradeira fila da táboa.

 

Sistema Franco-Belga

Similar ó americano, só emprega números para indicar as oitavas. Debido á súa similitude moitas veces confúndense. Por exemplo eiquí a oitava central é aquí a Oitava 3 (no americano é a oitava 4).

A Primeira Oitava empeza no do que se atopa en clave de fa na segunda linea adicional inferior (seria o do de oitava grande no Sistema Aleman) e das oitavas mais agudas continuan coa numeracion: Primeira, Segunda, Terceira (nesta oitava está o do central), Cuarta, Quinta, Sexta e Septima; as oitavas mais graves que a primeira adquiren a numeracion negativa e só quedarian dúas oitavas mais abaixo, asi que seria Oitava -1 e Oitava -2.  Para saber a que oitava do sistema franco-belga pertence unha nota basta con engadir un superindice conforme á oitava desexada. Por exemplo: do1 é de Primeira Oitava, do4 é de Cuarta Oitava, do-1 é da Oitava -1.

 

Sistema Alemán.

Empecemos coa escala onde está o do central dun piano (onde moitos teñen a pechadura). Coñécese como Primeira Oitava, e de ahi deducimos as demáis:

  • Po riba: Segunda Oitava, Terceira Oitava, Cuarta Oitava...

  • Por debaixo: Primeira Oitava: a Oitava Pequena, Oitava Grande, Oitava Contra e Oitava Subcontra respectivamente.

 

E para especificar unha nota concreta usamos elementos adicionais:

oitavas agudas: Notas minúsculas e superíndice. Por exemplo 1 na Primeira Oitava: do1, re1, fa1, la1... 2 para a segunda do2, mi2, sol2... e así sucesiavamente.

 

Oitavas graves: Por debaixo da Primeira Oitava é un pouco máis complexo. Facemos do seguinte xeito:

  • Oitava pequena, nota en minúsculas, exemplo: fa, do, mi...

  • Oitava GRANDE, nota en MAIÚSCULAS, exemplo: FA, A, DO, LA, MI

  • Oitava CONTRA, nota en MAIÚSCULAS e o subindice 1 ó ben colocando unha linea na parte inferior, por exemplo: FA1, LA1, DO1 ou ben FA, LA, DO.

  • Oitava SUBCONTRA, a nota en MAIÚSCULAS e o subindice 2 ou ben dúas liñas baixo o nome da nota, por exemplo: SOL2, RE2, MI2