Saltar navegación

Mostraxe de sinais continuas

Á labor que fai o convertidor ADC chamámoslle recoller mostras ou facer unha mostraxe ou mostraxear un sinal —en inglés sampling— e ás instantáneas recollidas, “mostras” (qué raro non sí?? en inglés sample). Mais o son, como a temperatura do noso corpo non é un sinal calquera é un sinal contínuo no tempo. E non podemos tomar valores dun sinal continuo contínuamente!!.

É precisamente a diferencia entre sinal analóxico-continuo e dixital-discreto que acabamos de comentar. Recorda a paradoxa de Zenón: Aquiles nunca acada á tartaruga. Entre dous números calesquera sempre hai unha distancia infinita de números (de 0 a 1 atopamos 0.5 pero tamén 0.1 pero tamén 0.07, pero tamén 0.001, e tamén 0.00009... en realidade todos os que queiras —sempre haberá unha distancia máis pequena por representar).

Así que temos que desistir de ter referencias contínuas tanto do da temperatura do noso corpo coma do son e en xeral de calquera sinal continua cando traballamos con ordenadores. Só podemos establecer valores cada certo tempo. A este cada certo —— tempo chamámoslle a taxa de mostraxe.

Actividade de encher espazos

Completa as seguintes preguntas.

significa mostraxe

Ó feito de tomar medidas concretas dun sinal chámase facer unha

Non é posible tomar medidas dun sinal

Habilitar JavaScript