Saltar navegación

Medindo repeticións

 

Agora xa podemos afirmar sen temor a errar que a nosa onda sinusoidal é un bo exemplo de patrón repetitivo de outeiros (ou xorobas ou falando técnicamente ciclos completos de amplitude). E tamén podemos afirmar e afirmamos:

  1. Que en 100Hz observamos o noso outeiro en todo o seu esplendor —ou técnicamente falando contemplar con deleite un ciclo completo de amplitude da nosa onda (o patrón completo a repetir).

  2. Que cando aumentamos o valor do recadro numérico, tantas máis repeticións do mesmo outeiro (do mesmo ciclo) aparecen comprimidas na ventá do noso osciloscopio. Esto quere dicir que hai unha relación directa entre a altura dun son é o número de repeticións do seu ciclo. Abundaremos sobre o tema.

  3. Que cando chegamos a 10.000 están tan apretadiñas que nin as podemos distinguir ben.

 

Ventás de osciloscopio

Como asegura o noso primeiro “teorema” (frase ou proposición que asevera unha verdade demostrable) en 100Hz podemos visualizar na nosa ventá de osciloscopio o ciclo completo de amplitude da nosa onda limitada en volume (de 0 a 0.5 a 0 a -0.5 e outra vez a 0 completando o seu recorrido). Olvidándonos dos 100 Hz polo de agora, poderíamos dicir entón que temos 1 ciclo completo por ventá de osciloscopio.

Esa medida “ventá de osciloscopio”, non é estándar, nin tan siquera moi común, máis ben un tanto extravagante. Ademáis non é fiable (pode haber ventás de osciloscopio máis grandes ou máis pequenas). Temos que atopar outro termo que permita establecer un marco de referencia para indicar as repeticións do noso ciclo.

 

Ciclos por segundo

Técnicamente adoitamos empregar a magnitude do tempo (non a de lonxitude coa que se correspondería a nosa de osciloscopio) para referirnos ó número de repeticións do noso ciclo. E coma no marco do tempo empregamos coma unidade básica de medida o segundo. Así que cando queremos referirnos ó número de repeticións do noso ciclo completo de amplitude teremos que falar de ciclos por segundo ou abreviando c/s. Así 4 c/s, 10 c/s, ou 100 c/s.