Saltar navegación

Lonxitude de bit

Para que un audio sexa reproducible nun Disco Compacto o computador debe tomar 44.100 medicións (mostras) por segundo e grabar cada unha desas mostra coma un número de 16 bits (216 valores diferentes por mostra, ou 2x2x2x2x2x2x2x2x2x2x2x2x2x2x2x2 = 65,536). Dicimos entón que o audio de calidade CD ten unha taxa de mostraxe de 44.100Hz e unha profundidade de bit de 16 bits.

Incrementando a tasa de mostraxe posibilitamos a gravación de frecuencias sonoras máis altas e aumentando a lonxitude de bits tamén ampliamos o rango dinámico (a diferencia entre o son máis suave e o máis forte grabado ou reproducido). Pola contra cunha taxa de mostraxe máis baixa os sons son "máis aburridos" e faltos de altas frecuencias e as lonxitudes de bit reducidas non permiten a identificación dos pequenos matices de amplitude, co cal timbre tende á similitude, sendo por tanto menos definido.

As lonxitudes de bits comunmente utilizadas para a representación de son dixital son 8, 16, 24, e 32 bits. Como dixemos, máis é mellor: 16 bits dá moita máis precisión que 8 bits, pero a un custo de dúas veces máis espazo de almacenamento. (Salvo 24, son todas potencias de 2; 24 bits é 24584962500721156) As grabacións de música profesionais están usualmente feitas a 24 bits para preservar a máis alta cantidade de detalle antes de ser mezcladas nun CD de 16 bits. Pola contra os xogos de ordenador máis antigos foron famosos por ter un son característicamente cutre de 8 bits.

En fin: cantos máis bits empreguemos, máis precisa será a nosa gravación, pero co aumento da precisión, tamén aumentan as necesidades de almacenamento.

Escolla múltiple

Pregunta

As lonxitudes de 16 bits son empregadas

Respostas

nos CD

nos mp3

nos discos de vinilo

Retroalimentación

Pregunta

Incrementando a taxa de mostraxe

Respostas

ampliamos o rango dinámico

posibilitamos a presencia das frecuencias máis agudas

posibilitamos a presencia das frecuencias máis graves

Retroalimentación

Pregunta

Con lonxitudes de bit reducidas

Respostas

o reprodutor pode explotar

o timbre varía enormemente

non permiten identificar os cambios dinámicos

Retroalimentación

Pregunta

Os xogos de ordenador antigos empregaban lonxitudes de

Respostas

24 bits

32 bits

8 bits

Retroalimentación