Saltar navegación

la 4 qué?

Cando afinamos un instrumento empregamos un son coma referencia, normalmente a través dun diapasón. Ese son adoita ser un la 440Hz. Pero esta altura non foi sempre a nosa referencia para tocar conxuntamente. Observa a seguinte relación das diferents afinacións do la3 obtida directamente da wikipedia

 

Táboa de afinación do la3 ó longo da historia

446 Hz: Renacemento (instrumentos de vento de madeira).

415 Hz: instrumentos de vento de madeira, afinados cos órganos parisienses (século XVII e XVIII).

465 Hz afinación moi usada na alemania do século XVII

480 Hz: órganos alemáns que tocaba Bach (principios do s. XVIII).

422,5 Hz: diapasón asociado con Georg Friedrich Händel (1740).

409 Hz: diapasón inglés (1780).

400 Hz: diapasón (fins do s. XVIII).

450 Hz: diapasón (fins do s. XVIII).

423,2 Hz: diapasón do teatro de ópera de Dresde (1815).

435 Hz: diapasón (1826).

451 Hz: diapasón da Scala de Milán.

430,54 Hz: afinación “filosófica? ou “científica”.

452 Hz: “ton sinfónico” (mediados do século XIX).

435 Hz: “ton francés” comisión estatal de músicos e científicos franceses (16 de febreiro de 1859).

435 Hz: “ton internacional” ou “diapasón normal”: Congreso de Viena (Conferencia Internacional sobre o Ton, 1887). O bandoneón actual.

444 Hz: afinación de cámara (fins do s. XIX).

440 Hz: Reino Unido e Estados Unidos: (principios do século XX).

440 Hz: Conferencia Internacional (1939). Véxase: A 440.

440 Hz: Organización Internacional de Estandarización (1955).

440 Hz: Organización Internacional de Estandarización ISO 16 (1975).

442 Hz a 445 Hz (Chamada afinacion brillante): o bandoneón actual. (Trátase dun instrumento de lengüeta, non afinable polo intérprete.)

442 Hz: Instrumentos da familia do violín.

 

Nesta páxina do pianista Franz Nistl podes comprobar as afinacións que empregan actualmente moitas das orquestas profesionais  http://members.aon.at/fnistl/page3.html  Observa que en moitas delas xa se está a afinar en moitas esa leve variación pode facer que os cantantes teñan que desgañitarse 443 Hz. 

 

Serías capaz de reafinar a oitava do noso parche utilizando a nova referencia??