Saltar navegación

Interpolacións

Na transformación dos números almacenados no ordenador en son convertimos unha listaxe de números nunha sinal contínua. Así que partimos de valores discretos —que expresan relacións de amplitude no tempo das sinusoides que forman as mostras de son recollidas— en momentos concretos de tempo e temos que devolver un sinal continuo. Para eso empregamos outro convertidor (recordas o ADC?) chámase convertidor dixital analoxico (DAC Digital Analogue Converter) e fai exactamente a función inversa de aquel.

Este convertidor realiza transicións suaves entre os valores das mostras para crear un sinal continuo. A este proceso chámase interpolación. Imos facer nós unha.

Escolla múltiple

Pregunta

Interpolar

Respostas

É intercalar mostras de son para crear unha sinal continua

Consiste en unir os números discretos dunha mostra mediante transicións suaves

É o proceso que realiza o ADC ou convertidor analóxico dixital

Retroalimentación

Pregunta

O convertidor dixital a analóxico ou DAC

Respostas

 transforma valores numéricos en valores discretos

 

transforma valores discretos nun sinal continuo

transforma o son en valores discretos

Retroalimentación