Saltar navegación

IBM 7094

 

Cando o computador Hal 9000 está a ser desconectado banco a banco de memoria polo astronauta Dave Bowman na película 2001, unha odisea espacial de Stanley Kubrick, o seu último recordo é unha canción que lle ensinou o seu programador: Daisy Bell.

Trátase dunha broma sofisticada do tipo de erudición que gastaba o noso benquerido Stanley. Daisy Bell foi composta por Harry Dacre en 1892 e en 1961, o IBM 7094 converteuse no primeiro computador da historia que conseguiu cantar, precisamente Daisy Bell. As voces foron programadas por John Kelly e Carol Lockbaum e o acompañamento (moi ao estilo de Nintendo) programouno Max Mathews.

A música que acompaña a este post é a gravación orixinal dese momento. O computador que o ilustra é un IBM 7094. E escoitando esta música tan simple e cunha voz robótica tan primitiva, un non pode deixar de pensar no tempo e o diñeiro que se tivo que investir para conseguir algo tan inocente e tan amable? era 1961.

 

No episodio de Futurama "Amor e naves espaciais" da cuarta tempada faise un guiño ó mesmo evento: o robot Bender canta esta canción cando se namora da nave espacial de Planet Express.

 

 

There is a flower within my heart,

Daisy, Daisy,

Planted one day by a glancing dart,

Planted by Daisy Bell.

 

Whether she loves me or loves me not

Sometimes it´s hard to tell,

And yet I am longing to share the lot

Of beautiful Daisy Bell.

 

Daisy, Daisy, give me your answer, do,

I´m half crazy all for the love of you.

 

It won´t be a stylish marriage -

I can´t afford a carriage,

But you´d look sweet on the seat

Of a bicycle built for two.

Hai unha flor dentro do meu corazón,

Daisy, Daisy,

sementou un día dun mirar,

prantado por Daisy Bell.

 

Se ela ámame ou non

ás veces é difícil de dicir,

e con todo mórrome de compartir a sorte

da fermosa Daisy Bell.

Daisy, Daisy, dáme a túa resposta, faino,

ando medio tolo todo polo teu amor.

 

Non vai ser un matrimonio con estilo -

non podo permitirme un coche,

pero estarías tan doce no asento

dunha bicicleta para os dous.

Actividade despregable

Ler e completar

Daisy Bell foi composta en 1892 por

Habilitar JavaScript

As voces de Daisy Bell foron programadas por

Habilitar JavaScript

Hal 9000 canta Daisy Bell cando comeza a ser deconectado na película

Habilitar JavaScript

O primeiro computador da historia que conseguiu cantar foi o

Habilitar JavaScript

O acompañamento de Daisy Bell programouno

Habilitar JavaScript