Saltar navegación

Hacia o infinito e máis alá

 

Co optimismo do noso benquerido Buzz Lyghtyear iniciamos a nosa exploración do universo sónico estremo. Rangos de escoita propios dos instrumentos electrónicos que poden levarnos a experiencias musicais no límite.

Tes que escribir no cadro numérico números a partires de 19.000 Hz: 19.100, 19.200... e continúa subindo —é coma escalar unha montaña interminable— ata que deixes de escoitar son, porque realmente onde se atopa o límite da túa escoita?

 

Rango de frecuencias da audición humana

O rango de frecuencias da audición humana atópase normalmente entre 0 e 20.000Hz (ou 0 Hz a 20 kHz), é unha referencia media porque algúnhas persoas poden escoitar frecuencias significativamente máis agudas que 20 kHz. Depende moito da amplitude, o timbre, e outros factores como a idade —que volve ós oídos insensibles ás altas frecuencias (escoitaras falar da presbiacusia, é un fenómeno biolóxico natural ó que todos estamos condeados)—