Saltar navegación

Glosario de termos confusos

Na táboa que acabamos de estudar aparecían diferentes termos que usamos como sinónimos na linguaxe cotiá. Dende unha perspectiva técnica amplitude, ganacia, intensidade, sonoridade e volume aínda estando relacionados, son conceptos completamente diferentes que expresan distintos matices que combén resaltar. Vexamos qué relación teñen entre sí.

 

Cánto se move algo?

A amplitude é un termo completamente relativo que significa literalmente maior ou menor cantidade de algo. Pode referirse á presión (pascales), voltaxe (voltios) ou incluso a deformación dentro/fora do oído. Indica a media de desprazamento de algo que está a moverse continuamente, a expresión máxima dese desprazamento. Para describila utilizamos termos coma moi grande ou moi pequeno, moito, pouco etc... que cecáis non son demasiado precisos. Ou arbitrariamente un marco numérico (no noso caso -1 a +1) que nos permita indicar ese promedio de desprazamento que realiza a onda dunha forma simple.

 

Cómo sae o que entra?

A ganancia é unha magnitude empregada en electrónica en relaciòn ós sinais eléctricos, que expresa a relación entre a amplitude dun sinal de saída respecto do sinal de entrada (por tanto é adimensional). Mídese en decibeis (símbolo: dB). Cando a ganancia é negativa (menor que 0), falamos de atenuación.

 

Cómo nos sóa de forte un son?

A resposta que damos a esa pregunta é o que coñecemos coma volume. Fíxate que é unha respota individual, non temos por qué ter todos exactamente a mesma sensibilidade ós cambios de amplitude. Pero podemos chegar a acordos de qué é máis ou menos forte ou suave. Como sabes os cambios de amplitude dun son provocan cambios de presión sonora no aire e o volume dinos cómo os nosos tímpanos perciben eses cambios. Por convención para determinar o volumen empregamos o decibelio de Nivel de Presión Sonora (dB SPL, sound pressure level) e temos establecido que 0 dB SPL (ou para aforrar tempo 0 dB) se corresponde a cando non escoitamos nada (limiar da escoita)

 

Qué cambios produce o son no aire?

Falar de intensidade é xa outra cousa. No mundo real, as cousas vibran e envían as vibracións que producen a través dalgún medio (normalmente gaseoso) ata os nosos témpanos. Cando queremos saber cómo afecta a amplitude a ese medio falamos de intensidade dun son no medio. Refíre a cantidade de enerxía por metro cuadrado de aire tomando como referencia a súa densidade ó nivel do mar a unha temperatura de 72º Farenheit. Neste caso, a enerxía (o traballo ou esforzo ou desprazamento que se fixo) mídese en watts, e a intensidade en watt por metro2 (o Wm2).

 

Diferencias entre volume e intensidade

A seguinte táboa resume as diferencias entre volume e intensidade.

Relación expresada

Magnitude física

obxectiva

Medición psicoacústica subxectiva

Unidade de medida

ENERXÍA - ESPAZO

Intensidade

cantidade de enerxía por m2 de aire (tomando coma referencia a súa densidade ó nivel do mar a 72º F)

Sonoridade

medida subxectiva da intensidade coa que o oido humano percibe un son

Fonio (F)

mide intensidades de sons puros. Emprégase para compensar a incidencia da frecuencia na percepción de volume dun son

ENERXÍA - TEMPO

Potencia acústica

cantidade de potencia ou enerxía por unidade de tempo que emite en forma de ondas sonoras unha fonte

Volume

percepción subxectiva que o ser humano ten da potencia dun determinado son.

Decibelio (dB SPL)

expresa os cambios subxectivos na percepción da presión sonora a partires do limiar de escoita (0 dB)

 

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Pregunta 1

O fonio indica intensidades de sons de 440 Hz

Pregunta 2

A sonoridade é unha valoración subxectiva da intensidade á que se percibe un son

Pregunta 3

A ganancia expresa a relación de volumen na entrada e saída dun son

Pregunta 4

A amplitude é a expresión máxima dun desplazamento

Pregunta 5

O volumen é a expresión subxectiva da potencia acústica dun son

Pregunta 6

A magnitude que expresa cantidade de enerxía por espazo de tempo chámase intensidade

Pregunta 7

A unidade de medida da intensidade son os watts por metro cuadrado (W/m2)