Saltar navegación

Físico contra Psicoacústico

O fenómeno acústico é resultado tanto das variacións (físicas, obxectivas) de presión do ar  como da nosa capacidade (psicofísica ou psicoacústica, subxectiva) para percibir eses cambios . Como veremos ambas formas de medición non sempre coinciden.

Agora ben, en caso de dúbidas as medicións cognitivas (ou psicoacústicas) están sempre nun nivel superior (son máis complexas, nelas interveñen máis factores) e a miúdo incorporan efectos relacionados de varios fenómenos acústicos. Por exemplo, a percepción de volume non depende únicamente dos cambios de amplitude, os cambios de altura do son tamén afectan (frecuencia e amplitude non son independentes, estudaremos a súa relación a través das curvas de Fletcher-Mundson). E tamén o timbre. Cómo podes entender é un fenómeno realmente complexo.

Sube o volume ata arriba de todo e a continuación move arriba e abaixo o deslizador de frecuencias. Non tes a sensación de que nas frecuencias altas soa máis forte e nas baixas máis suave? Percíbese claramente non sí?. Eso é o que estudian as Curvas de Fletcher-Mundson. Voltaremos a falar delas ó estudar as frecuencias.

Copiamos a seguinte táboa do libro Music and Computers. A Theoretical and Historical Approach que expresa de forma meridiana estas diferencias entre as medicións que indican as variacións na percepción subxectiva dun fenómeno (altura, volumen, sonoridade) e as medicións físicas do mesmo fenómeno (frecuencia, amplitude, potencia).

 

TIPOS DE MEDICIÓNS

 

FÍSICAS OU ACÚSTICAS

    PSICOFÍSICAS, PSICOACÚSTICAS OU COGNITIVAS

Frecuencia

Cómo de rápido vibra algo?

 

 →

 

Altura

Cómo de agudo ou grave percibimos algo?

Amplitude

Canto vibra algo?

(máximo desprazamento da ondulación no mesmo espazo de tempo)

 

 → Intensidade 

Canto se desplaza o medio?

 

Volume

Cómo de forte percibimos algo (afectado pola altura e o timbre)?

Forma de onda

 →

 

Timbre (???)

Transientes Ataque/Decaemento/

 

Modulación

 

Características espectrais

 

Traxectoria espectral,de altura e de volume

 

Todo o demáis... .

 

Escolla múltiple

Pregunta

a amplitude indica

Respostas

cómo de rápido vibra algo

canto vibra algo

 

canto de desplaza o medio

Retroalimentación

Pregunta

o volumen indica

Respostas

canto de desplaza o medio

canto vibra algo

cómo de forte percibimos algo

Retroalimentación

Pregunta

a intensidade indica

Respostas

cómo de forte percibimos algo

cómo algo afecta ó medio

cal é a forma de algo

Retroalimentación

Pregunta

a altura indica

Respostas

cómo de agudo ou grave soa algo

cómo escoitamos algo

cómo de forte escoitamos algo

Retroalimentación

Pregunta

a frecuencia indica

Respostas

cómo de rápido vibra algo

cómo de grave ou agudo percibimos algo

cantas veces escoitamos algo

Retroalimentación

Pregunta

a frecuencia e a amplitude

Respostas

están relacionadas coa altura dun son

son medidas psicofísicas

son medidas físicas

Retroalimentación

Pregunta

o volume, a altura e o timbre

Respostas

son medidas físicas

son medidas psicofísicas

caracterizan o transiente sonoro

Retroalimentación

Pregunta

as curvas de Fletchet-Mundson

Respostas

indican sons de igual sonoridade

relacionan intensidade e timbre

indican son de diferente frecuencia

Retroalimentación

Pregunta

os transientes

Respostas

caracterizan o timbre dun son

relacionan volume e amplitude

tamén se denominan espectros

Retroalimentación

Pregunta

as medicións cognitivas

Respostas

indican canto se move algo

están relacionadas coa altura

relacionan varios fenómenos acústicos

Retroalimentación