Saltar navegación

Formas de onda

Con sonogramas tamén podemos analizar as características frecuencias das diferentes formas de onda presentes no noso parche. Gravamos directamente diferentes sons do parche con Audacity e analizamos eses arquivos co programa Spear, as imaxes obtidas son as que podes observar a continuación.

 

Onda seno

Fai un son puro sen armónicos, un parcial. O temos descrito como o elemento sonoro máis simple que existe. Fíxate na imaxe consiste nunha soa línea invariable no tempo na frecuencia seleccionada. Todos os sons da natureza son sempre máis complexos. So obtemos unha onda seno sintetizándoa electrónica ou dixitalmente a partir da seguinte fórmula matemática moi sinxela: y = sen (x)

 

Se tomamos unha secuencia de números (o rango usual é 0 a 2π, unha circunferencia,cecáis cun incremento de fase de 0.1 —que siñifica que engadiremos 0.1 de variación horizontal do inicio da forma de onda por cada valor) e lle aplicamos a fórmula seno, obtemos coma resultado outra secuencia númerica que consiste nunha onda seno. Seleccionando os números coidadosamente podemos controlar a frecuencia da onda seno xerada. O resultado unha forma de onda que móvese suavemente de 0 a 1 baixa polo 0 ata -1 e volve a 0.

  

 

 

 

 

Dente de serra

Podemos crear mediante a adición de sinusoides: partimos dunha onda seno que será a frecuencia fundamental e imoslle sumando ondas seno a frecuencias adxacentes sempre oco volumen á ratio de valor onda seno fundamental a 1 Hz e o volume máximo, despois engadímoslle a metade de volume outra onda seno (a 2 Hz), logo a un terzo de volume outra (a 3 Hz), a continuación unha cuarta a cun cuarto de volume (a 4 Hz) despois un quinto (a 5 Hz) e así sucesivamente ata o infinito.

 

 

 

 

 

onda seno 1 fundamental

Volume máximo

1 Hz

+

onda seno 2

1/2

2 Hz

+

onda seno 3

1/3

3 Hz

+

onda seno 4

1/4

4 Hz

+

 

A forma de onda de serra dentada ten un son máis duro que o da onda seno e contén todos os armónicos, pares e impares, da frecuencia fundamental. É ideal para filtrar e sintetizar sons da corda. A forma da onda sube abruptamente de 0 a 1 entón cae inmediatamente a 0. A convención dunha onda de serra é que esta se levanta en forma de rampla e despois baixa rectamente. Con todo tamén existen ondas de serra onde as ondas baixan de forma de rampla e despois soben rectamente. Esta última forma usualmente é chamada 'onda de serra inversa'. Nos sinais de audio, ambas as direccións de ondas de serra soan da mesma maneira.

 

 

Onda cadrada

O oscilador de onda cadrada ten un son “vacío”, só contén os armónicos impares, é moi util para sintetizar instrumentos de vento e sons baixos fortes. A súa forma alterna entre 0 e 1 de xeito instantáneo. Ó xerar unha onda cadrada, atopamos pequenos rizos nos bordes do cadrado. Son os chamados aneis de Gibbs, un artefacto —erro de medición— que ten que ver co feito de que a suma dun número finito calquera de cantidades decrecentes de ondas sinusoidais de frecuencia cada vez maiores non é exactamente unha onda cadrada.

 

 

 

 

Onda triangular

onda triangular ten un contido en armónicos moi baixo, o que concorda co seu parecido a unha onda senoidal. Tanto matemática como fisicamente pódese obter integrando no tempo unha onda cadrada: os niveis constantes alto e baixo da devandita onda convértense nas pendentes (constantes) dos flancos de subida e baixada da onda triangular.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ruido blanco

O ruído branco é un sinal que contén todas as frecuencias á mesma potencia. Tamén é non correlativo, é dicir, no eixo do tempo o sinal toma valores sen ningunha relación uns con outros. E ten unha densidade espectral de potencia plana cun ancho de banda teoricamente infinito, o que quere dicir que nunha gráfica espectral de frecuencia tras aplicar o espectro de Fourier, veremos todas as compoñentes no dominio da frecuencia coa mesma amplitude, facendo o efecto dunha liña continua paralela ao eixo horizontal.

 

 

 

 

 

 

 

Ruido rosa

O ruído rosa é un ruído cun nivel sonoro caracterizado por ter unha densidade espectral inversamente proporcional á frecuencia (tanto aumenta a frecuencia como disminúe a densidade). Pódese visualizar perfectamente no sonograma. Normalmente xérase entre 20 Hz e 20 kHz. O seu son é moi parecido ao que podemos ouvir cando se sintoniza entre dúas emisoras de FM, no espazo que recibe unicamente o ruído, é coma un soplido.

Este ruído utilízase para facer medicións acústicas, ecualizar salas e calibrar material sonoro. Xérase o ruído rosa, mediante código computacional, como no noso caso en Pure Data, e cun micrófono de medicións acústicas (omnidireccional e de resposta en frecuencias planas) recóllese o son da sala. Ese son pásase por un analizador de espectro e se ecualiza ata que se vexan todas as bandas ao mesmo nivel.

Mentres o ruído branco ten potencia espectral constante por hertz de ancho de banda, o ruído rosa ten enerxía constante por oitava.