Saltar navegación

Espectro de frecuencias

En parches anteriores xa estudamos que un son podía descompoñerse en unidades indivisibles máis básicas, as ondas sinusoides. De feito levamos traballando con elas en tódolos parches ata o de agora. A nivel sonoro unha sinusoide non pode dividirse posto que é a unidade mínima de son.

 

Formantes, parciais, harmónicos...

A estas unidades básicas as chamamos tamén formantes ou parciais ou harmónicos ou parciais harmónicos. Así como a química trata de entender as propiedades dunha sustancia analizando a súa estrutura molecular, que a súa vez estudouse considerando os átomos individuais que a forman, queremos entender o son a partires dos "átomos sonoros", entendelos e combina-los creando moléculas sonoras para, finalmente, poder combinar estas moléculas para formar os sons xerais máis complexos que atopamos na realidade, coma unha sinfonía, unha voz, ou o rumor do vento entre as follas.

 

Sons da realidade

Recordas cando falamos da serie harmónica. Estamos precisamente falando diso. Doutro xeito, cada forma de onda periódica (é dicir, cada son afinado) pódese expresar como unha suma de senos con frecuencias que son múltiplos enteiros da fundamental das que descoñecemos as respectivas amplitudes.  Referímonos a estas ondas sinusoidais con termos coma compoñentes espectrais, parciais, armónicos ou armónicos dun son. Os chames coma os chames son os elementos que determinan de maneira principal o nosa sensación tímbrica. Cando escoites falar do décimo parcial dun timbre, debes saber que están a referirse a unha sinusoide situada a 10 veces a frecuencia da frecuencia fundamental dun son (do que non sabemos a amplitude).

 

Análise de Fourier

O gran aporte matemático que explica os sons e outros fenómenos relacionados coas ondas denomínase Análise de Fourier, en honor ó nome do seu descubridor, o gran matemático do século XVIII Jean Baptiste Joseph Fourier. Obtemos os formantes descompoñendo un son nos seus elementos indivisibles máis simples mediante esta análise.

 

Características do espectro

As características do espectro dun son son cruciais para explicar como o percibimos, e definen as diferentes maneiras nas que estes formantes ou agregados espectrais se organizan estatísticamente en termos de forma e configuración (por exemplo, a relativa "limpeza" dun son é resultado, en gran parte, das súas relacións espectrais).

Pero antes de continuar cecáis conveña saber algo máis sobre a serie harmónica.