Saltar navegación

Envolventes

Observa a seguinte imaxe:

 

 

É a típica representación no dominio do tempo dun programa de edición de audio, neste caso Audacity. Son os mesmos instrumentos (diapasón, frauta, clarinete, saxo, guitarra clásica, violín, viola e unha voz) que escoitamos no anterior parche. Deixando de lado que demostran cerca tosquedade —salvo no caso do saxo o resto de gravacións deberían aproveitar mellor o rango de amplitudes dispoñible na gravación— dan unha referencia interesante do tema que nos ocupa: cómo evoluciona no tempo un son. Esta imaxe é a resposta a gráfica a tres preguntas:

  • cómo se produce o son (a violencia ou a suavidade do ataque)?
  • cómo se mantén o son (con maior ou menor estabilidade)? e
  • cómo desaparece o son (abrupta ou progresivamente)?

Está claro que cada instrumento posúe unha pegada inconfundible, fácilmente recoñecible con só botar unha ollada. Fíxate no diapasón cóma despois do impacto que cubre os estremos de amplitude mantense inalterable desaparecendo de a pouco despois de moito tempo e compárao co final abrupto da voz ou coa entrada e o final, cáseque descontrolados, do saxo.

A este desenvolvemento do son no tempo chamámolo envolvente.

 

Importancia das envolventes

As envolvente xogan un rol crucial para explicar a pegada tímbrica de cada instrumento. Explica cómo se comporta un son dende que xurde ata a súa desaparición e esta é información fundamental para o oído e o cerebro que están verdadeiramente moito máis interesados nos ataques, caídas, e variacións temporais do son (modulación) que nos aspectos estáticos, porque os primeiros afectan de forma máis significativa á supervivencia —para ti é moito máis importante saber se a túa nai está enfadada ou contenta que somentes recoñecela non?

O estudo das envolvente é unha área apaixonante para investigadores e músicos informáticos que pasan moito tempo atendendo a aspectos estremadamente específicos destes conceptos.

 

ADSR

Pulsa a tecla dun piano e deixao soar ata a súa desaparición percibimos diferentes fases completamente caracterizadas do seu son. A estas diferentes fases as chamamos ataque, caída, estabilización e desaparición. Como mínimo tedes que identificar sen dificultade o ataque a estabilización e a desaparición. En calquera caso son palabras absolutamente descriptivas do proceso que se produce.

Para describilas emprégase o acrónimo ADSR (en inglés Attack, Decay, Sustain, Release) que se corresponde co ataque, decaimento, estabilización, e desaparición dun son (a miúdo referimonos a eles como transientes). 

 

 

Aquí podes observar o típico gráfico representando a envolvente dun son

 

 

 

Transiente

para describir o ataque e o decaimento —e somentes eles— empregamos o termo transiente para indicar que non permanecen no tempo só suceden unha vez. Empregamos a verba transiente de xeito típico para describir as fluctuacións tímbricas do son que son irregulares ou singulares e se distinguen entre eses tipos de sons e os que se manteñen estáticos.

O termo transiente tamén o podes atopar en determinados contextos de acústica para describir a forma de onda da vibración que produce o disparo dun rifle ou o golpe dun martelo. Cando se fai a análise do espectro de transientes, xeralmente non xeran series de armónicos senón un espectro continuo no que a enerxía se distribú esobre o rango de frecuencias.