Saltar navegación

Deslizándose polo son

 

Agora pincha no recadro numérico e sube e baixa o cursor mentres o mantés clicado. Sempre arriba e abaixo, e cada vez máis lonxe. E coma ir nunha montaña rusa.

 

Glissandos

Este tipo de desplazamentos en música reciben o nome de glissandos. Do francés glisser (resbalar, deslizar). Na música popular este tipo de técnicas empréganse extensivamente, Por exemplo no jazz ou na música do leste. O compositor e violinista rumano George Enescu (1881-1955) era un consumado e refinadísimo intérprete do portamento como así demostra na súa obra para violín. Un dos glissandos máis famosos da historia é o que realiza o clarinete na introducción do Rapsodia in Blue de George Gershwin, que bebe netamente nas fontes do primeiro jazz.

 

Rhapsody in Blue de George Gershwin

 

Aquí outro exemplo no Cuarteto con oboe (II) Isang Yun

 

 

 

Portamento

Hai outro termo, portamento, que provén da expresión italiana "portamento della voce" que tamén se emprega para indicar un desplazamento entre dos sons, máis neste caso normalmente de menor distancia e duración.

 

Aquí tes un exemplo no lied de Mozart Abendempfindung KV 523 (canta Elisabeth Schwarzkopf)

 

 

E na Sonata para clarinete (ou viola) de Brahms

 

 

E por último un fragmento do primeiro tempo da Sonata nº 3 de George Enescu nunha versión histórica do autor xunto a Dinu Lipatti

 

 

Namentras no glissando executamos todos os sons intermedios entre os tons de saída e chegada namentras o portamento hai maior liberdade e trátase máis ben de arrastrarse e saltar (como cando baixamos por un tobogán). A expresión slide emprégase hoxe en día como sinómino do glissando. Vexamos unha táboa das características dos tres termos:

 

 

glissando

portamento

Slide o bottleneck

orixe

Do francés glisser, (resbalar, deslizar)

Da expresión italiana portamento de lla voce

Do inglés

instrumento

todos

A voz humana ou instrumentos de corda preeminentemente

En orixe a guitarra e por extensión todos

descripción

Calquer tipo de deslizamento.

Recórrencse todos os sons intermedios entre as dúas notas que queremos conectar.

desplazamento entre dos sons normalmente de menor distancia que o glissando

arrastrar e saltar

En orixe consiste no deslizamento do colo dunha botella a través do mástil dunha guitarra. Por extensión

xénero

Música clásica

Música clásica

Provén do Blues

 

 

Oscilacións: bend, vibración e smorzato

A expresión inglesa bend refírese tamén a un tipo de deslizamento, neste caso unha marcada oscilación que se produce ó estirar a corda pulsada da guitarra co dedo que a pisa despois de que sexa activada. Por extensión emprégase este termo para indicar saídas de ou entradas a unha nota cun carácter jazzístico.

 

Neste fragmento de Apertas para Matta-Clarck de Ramón Souto, un dos coautores deste traballo, hai unha constante fluctuación da altura a partires dos glissandos da frauta, da viola e da guitarra eléctrica

 

O vibrato consiste nunha leve oscilación do son de carácter expresivo. Feito con gusto é un elemento que dota de naturalidade a unha boa interpretación. Coma elemento expresivo o vibrato varíase en velocidade e renago interválico segundo o contexto. Ás veces pode resultar un recurso manido se se esaxera.

O smorzato é outro tipo de vibración característica dos instrumentos de vento, a executan batendo a mandíbula nos instrumentos de vento que tamén produce unha típica oscilación no son.

 

Xa podes realizar vibratos, bends, smorzatos, slides, glissandos ou portamentos para dotar de variedade á túa música oscilante!!

Escolla múltiple

Pregunta

Glissando provén

Respostas

de glisser, resbalar en francés

de glisser, subir en francés

de glisser, arrastrase en francés

Retroalimentación

Pregunta

o deslizamento do colo dunha botella a través do mástil de guitarra denomínase

Respostas

portato

slide

glissando

Retroalimentación

Pregunta

a oscilación da corda dunha guitarra despois de activala chámase

Respostas

slide

bend

smorzato

Retroalimentación

Pregunta

o compositor e violinista rumano George Enescu (1881-1955)

Respostas

foi un bluesman destacado

tivo moito éxito no jazz

era un consumado e refinadísimo intérprete de portamentos

Retroalimentación