Saltar navegación

De compras

 

As especificacións técnicas dos aparellos electrónicos de música poden ser un auténtico galimatías. Pero tratando de entendelas tamén podemos aprender moito. Imos analizar as que ofrece un altofalante para repasar algúns dos conceptos que temos aprendido polo de agora así coma para aclarar as relacións entre potencia (watts) e volume (decibeis).

1. Watts PMPO/ Potencia: PMPO é o acrónimo de “Peak Music Power Output” ou Saída de picos de potencia. Refírese á saída de potencia de todas as canles de amplificación sumados, utilizando un sinal de proba de 5000Hz cunha impedancia de carga (a oposición que presenta un circuíto a unha corrente cando se aplica unha voltaxe) próxima a 0 Ohm o instante antes de queimar o equipo. Esta indicación non vale para nada.

2. Watts RMS/ Potencia (das súas siglas en inglés “Root Mid Square”, media das raíces cadradas) Este valor representa o nivel medio e constante de potencia que dá un amplificador. É un valor cientificamente comprobable e baséase nunha fórmula matemática que se achega máis ao uso real e continuo do aparello. É a medida útil a potencia efectiva, ou sexa a cantidade de potencia continua expresada en Watts á que pode traballar un amplificador. Ao comparar a potencia RMS utilízanse 3 parámetros

a) Rango de frecuencia no que se realiza a medición. Non é o mesmo medir a potencia dun amplificador utilizando unicamente sinais de proba aguda ou utilizando toda a gama de frecuencias no espectro audible

b) Impedancia de carga é a carga á que foi sometido o amplificador para obter a medición e pode ser 16, 8, 4 ou 2 Ohms.

c) Distorsión harmónica é a distorsión que un amplificador produce á potencia que realizou a medición. Na maioría dos casos duplicar a potencia provoca un aumento de 10 veces na distorsión polo que se un amplificador bríndanos 100 Watts a 4 Ohms de 20-2000Hz co 0.01% de distorsión harmónica, é probable que soe igual que uno de 200 Watts a 4 Ohms de 20hz a 20KHz co 0.1% de distorsión harmónica.

Aínda que así o indique a serigrafía, a perilla de volume do teu amplificador non esta graduada en dB. Con ela controlas os watts de saída que a túa amplificador aplicará ao sinal de audio que lle manda aos altofalantes. 

 

dB

Taxa de potencia

Taxa de voltaxe

+40

10000

100

+20

100

10

+6

4

2

+3

2

1.4

0

1

1

-3

½

1/1.4

-6

¼

½

-20

1/100

1/10

-40

1/1000

1/100


Fonte:http://www.ehu.es/procesadoinsvirtual/Marcos.html

 

3.- dB /W - Sensibilidade: Relaciona potencia aplicada ao altofalante e presión sonora ou doutro xeito o nivel de potencia e o volume sonoro en dB. Mídese en dB SPL /W a 1m pero simplifícase moitas veces como dB e dá unha idea da eficiencia de transducción electro-acústica (é dicir transformando energia electrica en energia cinetica ou de movemento). Obtense aplicando 1w de potencia a un altofalante nunha frecuencia de 5000Hz, cun oínte que escoita sen moverse a 1m de distancia.

Que distancia hai entre o punto A e B? Imaxinemos que 3.000 metros. Isto é un dato, obxectivo. Agora ben, canto tardamos a percorrer eses 3.000 m? Haberá quen tarde 1.000 segundos, outros 2.000 e outros 3.000 segundos. Se aceptamos que cada segundo investido en percorrer esa distancia supón gasto de enerxía calorífica e, por tanto, custaranos máis ou menos chegar ao momento B, preferiremos un sistema de transporte que nos permita chegar ao menor tempo posible (no noso exemplo, 1.000 s). Entón sendo a distancia idéntica (3.000 m), preferiremos ir no sistema que nos fai investir só 1.000 s. Cambiemos metros por watts e segundos por dB e teremos a sensibilidade.

Por exemplo, cun altofalante de 80 dB SPL/W aplicando unha potencia de 1W terás 80 dB SPL a 1 metro do altofalante. O crecemento é exponencial coa potencia, asi que cada vez que a dobres a presión sonora aumentará 3 dB.

(Esta explicación é moi simplista, tamén inflúen outros factores como os índices de distorsión á potencia que che anuncian, o tipo de música que vas reproducir, abrigo a súa marxe dinámica, que fará que a media enerxética estea mais preto ou lonxe dun nivel medio (RMS).

 

 

volume

potencia

gama alta

gama media

gama baixa

1W

101dB

98dB

89dB

10W

 

110dB

95dB

100W

 

124dB

102dB

1000W

 

133dB

110dB

Sensiblidade dun altofalante

(o oínte está parado fronte ao altofalante a un metro de distancia)

 

Se con 1w nun parlante de calidade mediana obtés 89dB nun de gama alta tes 98 db estás a perder 9dB de volume (moitísimo). En xeral ó duplicar a potencia do amplificador obtés 3 decibeis (de sensibilidade) no altofalante.

A seguinte táboa compara distancia e volume.

 

distancia

Volumen

altofantes

(gama media)

1m

98dB

6m

99dB

15m

101dB

40m

104dB

 comparativa distancia e volume nun altofalante

 

A diferenza entre 1m e 40m de distancia é de tan só 6dB porque entre un decibel e o que lle segue hai unha moi significativa diferenza de volume (falamos de cambios que perceptuais, é dicir que teñen que percibirse). Unha aspiradora xera ao redor de 75dB en volume sonoro, agora imaxina calquera son a 100 dB, bastante forte... Non?, e xa a 130dB (son das turbinas dun jet comercial a 50 m de distancia) os teus oídos piden piedade.

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Pregunta 1

O PMPO ou medidor de picos de potencia emprega un sinal a 1000Hz para medir a saída da potencia de toda as canles de ampiflicación sumados

Pregunta 2

Con Watt/ RMS medimos o nivel  medio de potencia que da un amplificador

Pregunta 3

A distorsión harmónica é a distorsión que produce un amplificador na potencia na que se fixo a medición de watts/RMS

Pregunta 4

A sensibilidade dun altofalante determina a súa capacidade de resistencia

Pregunta 5

En xeeral duplicando a potencia dun amplificador obtés 3 dB de sensibilidade no altofalante