Saltar navegación

dBFS

 

O decibelio dixital ou escala completa de decibeis, dBFS (decibels full scale)  indica niveis de amplitude en decibeis en sistemas que teñen un nivel máximo dispoñible e asigna 0 dBFS a ese nivel máximo posible. Ese é o caso dos sistemas de representación de audio dixital que como xa estudamos recollen datos das ondas analóxica a intervalos uniformes (mostras), cun conxunto finito de valores codificados (de ahí o nome que reciben de codificación PCM ou modulación por impulsos codificados)

Nesta escala completa de valores empréganse diferentes termos para definir os distintos rangos de volumen.

Nivel Pico (Peak): É o nivel máximo soportado polo dispositivo. Ao excedelo prodúcese unha "saturación". Os picos do sinal correspóndense coas amplitudes máis altas do sinal. Non importa se estas amplitudes son positivas ou negativas, o único que realmente importa é o seu valor absoluto, a cantidade de enerxía ou o desprazamento (en calqueira dirección). 

Rango Dinámico: Esta especificación técnica define a variación en dB entre o nivel de ruído e nivel de distorsión que un equipo de audio pode manexar. En termos xerais, mentres maior é o rango dinámico, de máis calidade é o equipo.

Nivel Nominal: É o nivel optimo para gravar o teu sinal de maneira que haxa unha mínima distorsión e que o nivel de ruído de fondo sexa superado. En xeral adoita ser marcado como o "0 dB".

Relación Sinal/Ruído (Singnal Noise Rate): Adoita identificarse como S/N ou SNR, e é a diferenza entre o sinal e o ruído de fondo. Cando o dispositivo está a traballar co Nivel Nominal, é a diferenza entre o devandito nivel e o ruído de fondo. Fálase de relación sinal ruído (S/N) porque o nivel de ruído é máis ou menos prexudicial en función de cal sexa o nivel do sinal. 

Headroom: É o nivel de diferéncia entre o nivel nominal e o punto de saturación (ou zona de seguridade) que se ten que ter en conta ao nivel máximo para a mestura, xa que sen este espazo duns poucos db, pode alcanzar picos o noso sinal de saída e que distorsione a nosa canle master.

Fondo de ruido: O sinal eléctrico non desexada que circula polo interior dun equipo electrónico. O ruído mídese sen ningún sinal á entrada do equipo.

 

Caso práctico

Unha consola está a recibir sinal ao Nivel nominal (0 dB). O Nivel Pico está marcado en 30dB e o ruído de fondo está a -100dB.

Rango Dinámico desde o nivel pico (30 dB) até o ruído de fondo (-100dB) Rango Dinámico= (30dB - (-100dB)) = 130 dB

Headroom dende o nivel pico (30dB) até o nivel nominal (0dB) Headroom= (30 dB - 0 dB) = 30 dB

S/N dende o nivel nominal (0 dB) até o ruído de fondo (-100 dB) S/N= (0 dB - (-100dB)) = 100 dB

 

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Pregunta 1

O nivel de pico (peak) representa o valor máximo que soporta o dispositivo

Pregunta 2

dBFS indica decibeis completamente escalados

Pregunta 3

O nivel de ruído mídese co equipo en pleno rendemento

Pregunta 4

O headroom é o espazo óptimo para a gravación

Pregunta 5

0 dBFS indica o nivel mínimo dispoñible

Pregunta 6

O rango dinámico especifica o espazo dispoñible entre o fondo de ruido e a distorsión do sinal

Pregunta 7

O peor nivel para a gravación tamén denomínase nivel nominal

Pregunta 8

Nos sistemas dixitais que empregan modulación por impulsos codificados (PCM) emprégase habitualmente o dBFS

Pregunta 9

A relación sinal/ headroom é a diferencia entre o nivel óptimo de gravación e o fondo de ruído

Pregunta 10

O nivel nominal ou nivel de referencia óptimo para a gravación adoita estar nos -70 dB