Saltar navegación

Curvas de Fletcher-Mundson

Agora quero que recorras o rango completo de frecuencias do espectro audible coa túa onda seno, dende 0 a 20kHz (20.000Hz). A eso se lle chama facer un barrido —parecido o que temos que facer en casa para atopar algo.

Aínda que non podes modificar o volume no parche, percibirás leves pero moi evidentes cambios dinámicos, eso espero!!.

Como veresmos máis adiante a percepción de volume é algo realmente complexo. Aínda que en xeral independente e determinada polos cambios na amplitude, tamén podemos percibir unha sensación de cambio dinámico a partir das variación de frecuencia. Pensa por exemplo nunha frauta traveseira, un instrumento no que altura e volume están estreitamente relacionados —é cáseque imposible tocar moi suave unha nota aguda nunha frauta salvo que sexas un auténtico virtuoso do instrumento e inda así non creo que o consigas.

 Harvey Fletcher

Curvas de Fletcher-Mundson

Para estudar esta relación entre frecuencia o investigador Harvey Fletcher dos Laboratorios Bell, asistido polo seu colaborador Fred Munson comezou a analizar o volume dos sons percibidos en diferentes rangos de frecuencias. Comezaron o traballo en 1933 pero non sería ata 1937 cando publicaron as primeiras curvas isofónicas ou de igual intensidade. En 1956 este traballo foi mellorado polos investigadores Robinson and Dadson que criticaban que:

  • O equipo utilizado non fora correctamente calibrado.
  • Diferiran os criterios utilizados para xulgar igual sonoridad a diferentes frecuencias.
  • Os suxeitos non tiveran descanso adecuadamente, ou foran expostos a un ruído forte na viaxe ás probas tensando o músculo tensor do tímpano e o estapedio e controlando o axuste mecánico de baixa frecuencia.

En calquera caso indican canta intensidade precisa unha frecuencia determinada para producir a mesma sensación de volume que se percibe nun ton de diferente frecuencia. As liñas indican igual sonoridade. Ofrecen unha información importante sobre o funcionamento do noso oído.

Pese a que dan resultados xerais en bruto, e pese a que, por suposto, tamén varían en función dos diferentes ambientes sonoros ós que están afeitos os oíntes, son sorprendentemente precisas en todas as culturas, algo que é connatural a tódolos seres humanos, por iso as emplean os fabricantes de audio para facer equipos máis eficientes e sons máis realistas.

Arrancan altas nas frecuencias baixas, logo se mergulle nas frecuencias medias, e voltan curvarse nas agudas novamente. Qué quere dicir isto? A maioría dos sons que temos que recoñecer para sobrevivir prodúcense na gama de frecuencias medias. Os matices e as pequenas inflexións na fala así como a maior parte dos sons acústicos tenden a ocorrer no rango que vai dos 500 Hz ata 2kHz. Temos evolucionado para seren extremadamente sensibles nese rango (aínda que, coma sempre, é difícil averiguar qué foi primeiro, a evolución da fala ou a evolución da nosa sensibilidade aos sons da fala).