Saltar navegación

Copia dixital

"A obra de arte foi sempre fundamentalmente susceptible de reprodución. O que os homes fixeron, podía ser imitado por outros homes. Os alumnos fixeron copias como exercicio artístico, os mestres para difundir as obras, e finalmente tamén copian terceiros ansiosos de ganancias. Fronte a todo iso, a reprodución técnica da obra de arte é algo novo que se impón na historia intermitentemente, a empurróns moi distantes uns doutros, pero cunha intensidade crecente". 

A obra de arte na época da súa reproductibilidade técnica (1936) Walter Benjamin

 

Unha das cousas máis importantes no audio dixital ten que ver coa capacidade, teórica, de facer copias perfectas. Dado que todo o que estamos a almacenar son listas de números, non debería ser demasiado difícil de volver a escribilas noutro lugar sen erros. Nunca hai perda de información na transferencia de datos dunha copia a outra (nin ruído engadido, calquera información que se agrega polas imperfeccións da gravación ou da tecnoloxía de reprodución).

Nas copias analóxicas o ruído engadido debido ás sucesivas transmisións difumina os detalles do orixinal. Auditivamente, este desdebuxamento do detalle maniféstase polo xeral como unha perda de información nas altas frecuencias (en certo modo, os detalles sonoros), así como un aumento do ruído do propio mecanismo de transmisión (asubío, zumbido, estrondo, etc.)

Cando copiamos un CD noutro soporte dixital (como o noso disco duro), o único que estamos a facer é copiar unha listaxe de números, e non hai razón para esperar que houbera algún erro significativo. En audio dixital non hai por tanto diferencia ente o sinal orixinal e o copiado, son idénticos e indestinguibles, consecuentemente non se poden rastrexar nin saber quen é o propietario (se hai algún).

Actividade despregable

Ler e completar

A copia dixital 

Habilitar JavaScript

Nas copias analóxicas hai

Habilitar JavaScript