Saltar navegación

Convertidores

Así que precisamos aparellos capaces de transformar o son en sucesión de números e as listaxes de números en son. Son os convertidores e se atopan xusto ó inicio (despois dos micros que captan os sinais) e cáseque ó final do proceso (completamente ó final estarían os altofalantes).

Ó primeiro chamámolo convertidor analóxico dixital (ADC ou Analogue Digital Converter en inglés) precisamente porque convirte un sinal continuo (ou análogo coma tamén se lle chama, o son) en listas de números (dixital). Funciona exactamente igual que un tradutor, pero neste caso traduce sinais continuas (o son) en números —só fala estas dúas linguas pero qué pronunciación esquisita!!

O convertidor dixital analoxico (DAC de Digital Analogue Converter) fai exactamente o proceso inverso transformando en son sinais de números discretos (separados)

En PureData existen, con ese nome, os dous convertidores. Son o obxeto ADC~ (o símbolo ~ con forma ondulante indica que hai fluxo de son, e se te fixas o fío que conecta os obxetos é máis groso) e o obxeto DAC~. Fan exactamente o mismo proceso pero de xeito inverso. Para intoducir sons analóxicos en Pure Data precisamos dun micro que os capte e o convertidor ADC para que os transforme en listaxes de números —que logo podemos procesar, por exemplo, en tempo real.

O convertidor é capaz de percibir un sinal sonoro complexo, o son, dende os átomos básicos que o compoñen, as ondas sinusoidais (podes escoitar unha no primeiro parche) e informarnos dos valores de amplitude (de volume) de cada unha deses átomos nun tempo determinado . Recibe un sinal e dá coma resposta un número —evidentemente, só das ondas sinusoidais que percibe (teóricamente podería haber ondas sinusoidais que estivesen presentes nun determinado son complexo a tan baixa amplitude que non fose quen de captalas).

O convertidor ADC funciona coma un termómetro que capta a temperatura do noso corpo e nos da un valor numérico. Mentres o termómetro relaciona tempo e temperatura, o convertidor ADC relaciona tempo e volume —na milésima de segundo 6 o volume 4, na 8 o 2 etc. —.

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Pregunta 1

O convertidor analóxico dixital analiza os compoñentes básicos do son

Pregunta 2

Os compoñentes básicos do son son as ondas complexas

Pregunta 3

As ondas sinusoides dun son complexo teñen todas a mesma amplitude

Pregunta 4

ADC é o acrónimo de Anonymus Digital Current (ou Corrente Dixital Anónima)

Pregunta 5

ADC significa convertidor analóxico dixital

Pregunta 6

DAC e ADC fan o mesmo proceso

Pregunta 7

O símbolo ~ indentifica en Pure Data que hai corrente eléctrica

Pregunta 8

Os convertidores funcionan coma tradutores