Saltar navegación

Compresión

Procura maneiras de expresar as listaxes de símbolos coas que están representados os sons coma cadeas máis curtas que non impliquen perda de información. Trátase dunha conquista en continuo desenvolvemento absolutamente crucial na época de fluxo de datos a través de internet. Hai distintas formas de enfocar a compresión:

 

Eliminación da redundancia

O k sx jajaja tampko pero mk s non digo nd no dis n

Entendiches algo? De seguro que sí. Pero cecáis teñas dúbidas.

Similar á escritura para móviles a compresión a partires da eliminación da redundancia pescuda, o que é redundante —o que xa sabemos— nun sinal, déixao fóra, para poñelo de novo en caso necesario máis adiante.

 

Codificación perceptual

Utiliza un modelo que analiza o que o noso oído escoita realmente e almacena somentes o que resulta importante nesa percepción eliminando o que non o é. É o tipo de compresión dun MP3 que rompe o son en bandas de frecuencia e retira a información que pode ser enmascarada —porque é moi suave— por información máis determinante —por forte— nesa mesma banda (tal e como fai o noso oído). É un xeito sofisticado de modelar os datos para que a versión comprimida sexa convincente para o oído humano, elimando moitos dos números orixinais.

 

Algoritmos de predición

Un terceiro tipo de técnica de compresión consiste en tratar de predicir o que un sinal vai facer (polo xeral no dominio da frecuencia, non no dominio do tempo) almacenando somentes a diferenza entre a predición e o valor real. Cando un algoritmo de predición está ben axustado ós datos que usa, é posible, polo xeral permanecer moi preto dos valores reais. Isto significa que a diferenza entre a túa predición e o valor real é moi pequeno e pódese almacenarse cuns poucos bits.

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Pregunta 1

A compresión en base á eliminación da redundancia elimina información que xa sabemos

Pregunta 2

A compresión procura cadeas máis curtas de símbolos sen perda de información

Pregunta 3

Empregando algoritmos de predición na compresión almacenamos somentes a diferencia entre a predición sustituida e a real

Pregunta 4

O mp3 é un caso típico de compresión en base a algoritmos de predición

Pregunta 5

A compresión perceptual só almacena información que non é importante para a percepción auditiva