Saltar navegación

Cómo medir audio dixital?

Escoitamos un son forte, suave, máis forte, máis suave, etc. En música a todos eses cambios chamámolos cambios dinámicos. E cando queremos expresar con palabras eses cambios dinámicos non empregamos termos demasiado precisos: piano (suave), forte (fuerte) mezzo piano (medio forte) fortissimo (moi forte)... pero cómo podemos facer en audio dixital?

 

medindo amplitudes

No parche mostramos algunhas das formas máis extendidas na medición de audio dixital: o vúmetro, o medidor de picos, o medidor de RMS e a escala completa de decibeis. Cada un deles danos unha información que pode ser útil en determinados contextos. Comparándoos poderás intuir cómo funcionan pero se queres ter máis información sobre eles, ler esta e as vindeiras entradas cecáis poida ser relevante para ti.

 

Vúmetro (VU meter)

O vúmetro foi desenvolvido orixinalmente en 1939 por Bell Labs para a medición e a normalización dos niveis nas liñas telefónicas. Podemos atopalos analóxicos, outros a base de leds normalmente verdes, amarelos e vermellos, e mesmo representando as unidades de volumen en forma de barra nunha pantalla LCD. O seu funcionamento baséase nunha bobina móbil alimentada por medio dun rectificador de onda completa que á súa vez se alimenta da liña mediante unha un compoñente resistivo en serie. Non necesita máis fonte de enerxía para o seu funcionamento que o sinal de entrada.

A idea para desenvolver o vúmetro xurdiu a partir da necesidade de proporcionar un nivel de audio que sendo suficiente non provocase distorsión no sinal. A súa medición é lenta á mantenta para reflectir dunha maneira clara ao usuario os máximos e mínimos no sinal entregado. Como norma xeral ese sinal non debe superar a franxa marcada con 0 VU. Doutra banda se o sinal é demasiado baixo, a relación entre o ruído e o sinal é mais notable na gravación o cal tamén dificultará o traballo posterior con el.

A unidade de volume (VU) defínese a partir de 0 VU do seguinte xeito: O indicador de volume marca 0 VU cando se conecta á saída unha resistencia de 600 ohms, para un sinal sinusoidal de 1000 Hz.

O noso parche non supera nunca os 0 VU, únicamente facendo cambios bruscos, en determinadas frecuencias podes intuir unha franxa roxa que rápidamente desaparece.

 

Medidores de Pico/ Peak meter

Indica visualmente o nivel instantáneo de amplitude dun sinal. O osciloscopio do noso parche e o noso medidor de picos dan a mesma información. En contextos prácticos, traballando con audio o medidor de picos non é moi útil, sen embargo é cecáis o que permite unha mellor comprensión da relación entre amplitude e volume.

En equipos de audio moderno, os medidores dos picos componse xeralmente dunha serie de LED que se colocan nunha barra vertical ou horizontal e ilumínase secuencialmente a medida que aumenta o sinal. Hai moitas variacións en como se implementa. Polo xeral teñen un alcance de verde, amarelo e vermello, para indicar o inicio á sobrecarga.

   

O termo "pico" utilízase para denotar a capacidade que posúe medidor, independentemente do tipo de presentación visual, para indicar o nivel máis alto de saída en calquera instante. A maioría dos PMP ten unha escala aproximadamente logarítmica, é dicir, máis ou menos lineal en decibeis, para proporcionar indicacións útiles nun amplo rango dinámico. É común ver en moitos procesadores a lenda 0dBFS (FS: Full Scale, escala completa), a cal significa que efectivamente 0dB é o nivel máximo. Se excedemos ese nivel, tanto sexa na entrada dun conversor A/D (Analóxico/Dixital) ou nun proceso dixital propiamente devandito, o sinal truncarase perdendo a información que estea por encima do nivel máximo permitido de 0dB, producindo sobremodulaciones

 

Medidor de RMS (Root Medium Square, media da raíz cadrada)

O famoso nivel de RMS, tamén chamado volume pola súa aproximación cáseque total ao nivel sonoro percibido polo oído (aínda que cada persoa distingue a intensidade sonora de maneira distinta) Establece unha porcentaxe móvil do valor absoluto do sinal dando unha media xeral da enerxía, que permite visualizar unha media do volumen atenuada. Os valores RMS consisten nun promedio promedio da raíces cadradas dos valores obtidos cada 200-500 milisegundos... Por definición sempre teremos valores RMS moito menores que os de pico, e estes valores poden variar segundo o medidor utilizado, xa que o tempo de integración dos dispositivos non está estandarizado.

 

 

Actividade de encher espazos

Lea o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

O foi desenvolvido en 1939 polos laboratorios Bell Labs

O vúmetro empregábase na medición e normalización dos das liñas

O indicador de volume marca 0 VU cando se conecta á saída unha resistencia de , para un sinal de Hz.

Os cambios de volumen en música denomínanse cambios

O  medidor de picos indica o nivel de amplitude dun sinal

Normalmente os picos dun sinal indícanse con

O valor indica unha porcentaxe móvil do valor absoluto do sinal

RMS significa da raíz cadrada

Habilitar JavaScript