Saltar navegación

CDs

Fisicamente, un CD componse dunha delgada película de aluminio incrustada entre dous discos de plástico de policarbonato. A información rexístrase no CD como unha serie de microscópicos foxos insertados na película de aluminio. Estes foxos están dispostos ao longo dunha pista en espiral continua que linealmente estendida ocuparía máis de 3 quilómetros.

Os datos do CD recupéranse usando un láser infravermello de baixa potencia (cunha lonxitude de onda de 780 nm), por medio de sensores fotosensibles que miden a intensidade da luz reflectida cando o láser atravesa a pista. Dado que o fluxo de bits recuperado é simplemente un patrón de bits (números), calquera información codificada dixitalmente pode ser almacenado nun CD.

Un CD de audio emprega básicamente 10 megabytes por minuto de son de calidade

De Bits a CD

Se un CD de audio típcio é quen de almacenar entre 70 a 80 minutos de son estero entón ten capacidade para almacenar entre 735 – 840 megabytes

 16 bits (lonxitude de mostra habitual) = 2 bytes (1 byte= 8 bits ou dous nibbles)

taxa de mostraxe convencional 44.1k kH (1 mostra = 16 bits de resolución estándar)

1 segundo de son monoaural é 44.1k words (16 bits), así que

1 segundo de son monoaural é 88,2 kbytes ou 88,200 bytes

1 minuto de son monoaural é 88,2 kbytes* 60 = 5292 kb (5 megabytes)

1 minuto de son estéreo é = 5292kb * 2= 10.584 kb (10,5 megabytes

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Pregunta 1

Un CD consta dunha delgada película de aluminio incrustada entre dous láseres infravemellos

Pregunta 2

Os datos do CD recupéranse cun láser infravermello de baixa potencia

Pregunta 3

Pódese gardar calquer tipo de información codificada dixitalmente nun CD

Pregunta 4

A pista dun CD estendida ocuparía máis de 30 km

Pregunta 5

Un CD de audio emprega 10 megabytes cada 10 minutos de son de calidade