Saltar navegación

Binarios

Binario ben de bi que significa dous. Chámase así porque só utiliza dous cifras diferentes (0 e 1) para expresar tódolos números, do mesmo xeito que o sistema decimal utiliza dez (din que porque temos dez dedos na man, ti que pensas?)

Un díxito binario por sí só (coma "0" ou "1") chámase "bit". Por exemplo 11010 ten cinco bits de lonxitude. Léese pronunciando tódolos díxitos. Neste caso “un un cero un cero”

Bit acrónimo de Binary digit (‘díxito binario’) é a unidade mínima de almacenamento da información nos ordenadores. Estes codifican e expresan toda a información mediante 0 e 1 —os bits—. Para indicar que un número é binario, engadimo un pequeno 2 coma subíndice:1012

Da mesma maneira que no sistema decimal pódense pór números á esquerda ou á dereita do punto decimal, para indicar valores maiores ou menores que uno.

No sistema binario: O número xusto á esquerda do punto é un número enteiro, chamámolo unidades. Cando imos á esquerda, cada posición vale 2 veces máis. A primeira cifra á dereita do punto significa metades(1/2). Cando imos á dereita, cada posición vale 2 veces menos (a metade da anterior).

 

 

Decimal:

0

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

Binario:

0

1

10

11

100

101

110

111

1000

1001

1010

1011

1100

1101

1110

111



Aquí tes máis equivalencias:

Decimal:

20

25

30

40

50

100

200

500

Binario:

10100

11001

11110

101000

110010

1100100

11001000

111110100

Actividade de encher espazos

Completa

345 en código binario escríbese

42 en código binario escríbese 

26 en código binario escríbese

 

Podería seguir todo o día pero non vou a ser tan perverso... jejeje

 

 

 

 

Habilitar JavaScript