Saltar navegación

Analóxico/dixital

Imos rexistrar unha escena idéntica de tres xeitos diferentes:

1.- Grava un video co teu móbil (unha escena corta, de 10 segundos ou menos; por exemplo os pasos dun compañeiro no pasillo).

2.- Agora repite a escena e toma 10 fotografías a unha velocidade constante.

3.- Volve a repetila —ten que ser sempre a misma escena— e intentar facer 20 fotografías a unha velocidade constante.

Cada unha destas fotografías chámase mostra e a velocidade coa que as rexistras —nun caso cada segundo e no outro cada medio segundo— taxa de mostraxe.

Descarga os datos no teu computador. Cun editor de video tipo movie maker ou similar, crea dous videos a partir das 10 e as 20 fotografías respectivamente. Vertifica que duren cada un deles exactamente o mesmo que o rexistro en video orixinal e que as imaxes se reproduzan a unha velocidade constante.

Reproduce agora os tres videos un detrás do outro. O primeiro rexistra a escena en imaxes continuas, trátase dun sinal analóxico. Os outros dous (10 e 20 fotografías) rexistran as imaxes de xeito dixital mediante mostras discretas (non contínuas). Son como as cronofotografías de Jules Marey ou os zoótropos de William George Horner. Neste caso, está claro que cantas máis mostras tomásemos da escena máis se achegaría o seu rexistro ó modo analóxico.

Se fixeches exactamente a mesma escena non hai moita diferencia entre os tres videos. A principal (tamén entre as sinais analóxicas é as dixitais) reside na continuidade ou non no tempo. Así que cando escoites discreto dun sinal non quere dicir que teña o don de expresarse con prudencia, agudeza, inxenio e oportunidade; significa simplemente que tomas valores que non son divisibles infinitamente frente ós valores continuos que son infinitamente divisibles. Continúa lendo e entenderás o que acabamos de dicir

Actividade de encher espazos

Lea o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

Un analóxico información mentres un sinal rexistra información Á información a chamamos

Habilitar JavaScript