Saltar navegación

Amplitude e fase

Antes citábamos as curvas Fletcher-Mundson para explicar a influencia conxunta de frecuencia e amplitude na percepción de volume. A modo anecdótico queremos referirnos brevemente a outro fenómeno que tamén pode incidir no proceso: a relación de fase das ondas implicadas

A relación de fase (o punto de inicio do ciclo dunha onda) tamén afecta na percepción da amplitude. Vexamos tres exemplos estremos desta relación.

 

Dúas ondas de igual frecuencia e diferente amplitude en contrafase cambian a amplitude

Cando dúas ondas de igual frecuencia e diferente amplitude entran en contrafase resulta unha amplitude diferente (superior ou inferior) á das ondas orixinais provocada pola mutua inteferencia. O proceso tamén se produce con dúas ondas de igual amplitude e constantes de fase moi cercanas no tempo. O punto de intersección das mesmas dá lugar a outra forma de onda que dobra ou reduce na metade a súa amplitude.

 

Dúas ondas iguais en contrafase se anulan

Cando dúas formas de onda iguais (teñen igual frecuencia e amplitude) están en contrafase (ou cunha diferencia na constante de fase de 180º); é dicir, unha está no estremo negativo do seu desprazamento —no punto de máxima densidade ou compresión— xusto cando a outra esta no estremo positivo do seu desprazamento —no momento de menor densidade ou rarefacción—. A este fenómeno chámaselle cancelación de fase. É moi dificil que ocurra no mundo sonoro real debido á gran cantidade de ondas sonoras movéndose dun rango a outro continuamente.

 

Unha onda cunha superficie completamente reflectante á metade da súa lonxitude anúlase

Tamén poderías conseguir (alomenos teóricamente) a cancelación de onda dun só sinal situando a fonte sonoroa xustamente contra unha superficie completamente reflectora a unha distancia equivalente á metade da lonxitude de onda. Unha metade anularía a outra e non escoitarías so son.

Escolla múltiple

Pregunta

a relación de fase

Respostas

tamén afecta na percepción do timbre

tamén afecta na percepción de frecuencia

tamén afecta na percepción de amplitude

Retroalimentación

Pregunta

dúas ondas en contrafase cambian de amplitude

Respostas

se teñen igual frecuencia e diferente amplitude

se teñen igual frecuencia e amplitude

se teñen diferente frecuencia e amplitude

Retroalimentación

Pregunta

en contrafase se anulan dúas ondas

Respostas

diferentes

iguais

de igual amplitude e diferente frecuencia

Retroalimentación

Pregunta

o punto de inicio do ciclo dunha onda chámase

Respostas

punto de cruce cero

fase

contrafase

Retroalimentación

Pregunta

cunha constante de fase a 180º de distancia dúas ondas

Respostas

son simétricas

están en contrafase

teñen diferente frecuencia

Retroalimentación