Saltar navegación

[ Taboa de ondas ~ ]

[Fonte: http://commons.wikimedia.org]

 

Como te contábamos cando falamos da Síntese FM, todas as formas de ondas complexas se poden crear, teóricamente, a partir da Síntese Aditiva, pero claro, para conseguilo é posible que teñamos que utilizar gran cantidade de osciladores senoidales e consumir moitos recursos de procesamento. Un xeito de acabar un resultado similar é o coñecido como Síntese de Taboa de Ondas (Wavetable Synthesis).

A limitación frente á síntese aditiva convencional é que ao tratarse da repetición dun fragmento dunha onda, como se se tratase dun fotograma, o resultado é máis estático ao non ter control sobre cada un dos parciáis como acontecía na analóxica onde podíamos modificar con envolventes o seu comportamento independiente.