Saltar navegación

[ Substractiva ~ ]

 

Si na nosa lección anterior traballamos engadindo ondas e dándelles forma coas envolventes como se estiveramos a traballar moldeando arcilla agora imos facer o proceso inverso no que se coñece como Síntese Substractiva.

Por manter a metáfora do escultor o que veremos nesta nova lección é cómo sintetizar o noso son esculpindo un bloque, neste caso sonoro, partindo de sons complexos e eliminando os parciáis que non nos interesan. Como decía o artista Miguel Ángel (1475 - 1564):

"En cada bloque de mármol veo una estatua tan clara como si se pusiera delante de mí […] Sólo tengo que labrar fuera de las paredes rugosas que aprisionan la aparición preciosa para revelar a los otros ojos como los veo con los míos".

Verás que os sons que se conseguen son diferentes. É importante que teñas en conta que dependendo do son que busques. Moitas veces é interesante e imspirador xogar improvisando cos controles e deixarte sorprender polos sons que emanan do teu ordenador, pero tamén pode ser moi enriqueceder que desenvolvas a túa imaxinación sonora e penses, antes de empezar a traballar co instrumento, qué é o que queres sintetizar. Pero no te preocupes, pronto empezarás a familiarizarte con cada técnica de síntese e a comprender o que te pode ofrecer.