Saltar navegación

[•] Son Dixital

[Fonte: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:A-D-A_Flow.svg?uselang=es]

Neste introdución que podes perfectamente saltarte, imos profundizar nalgúns aspectos do son dixital que cecáis descoñezas. Pode que te resulte algo abstracto ao principio e non empece a cobrar sentido ata que traballes directamento cos instrumentos dixitais pero seguro que te axudará a entender moitas cousas que loguiño iremos contando.

Entenderás cómo os sons se trasladan do mundo físico ó virtual e se convirten en números para seren almacenados coma ceros e uns nas computadoras, onde serán troceados, retorcidos ou pulverizados para novamente voltar aos nosos oídos convertidos en renovados sons.

Tamén comprenderás cómo a partir deses números podemos crear e sintetizar novos sons que nunca antes escoitamos. Mezclalos, pegalos, superpoñelos e crear todo un universo sonoro cheo de posibilidades.

Este apartado é unha adaptación do capitulo 2 do libro Music and Computers. A Theoretical and Historical Approach, Phil Burk, Larry Polansky, Douglas ó que podes acceder NESTE ENLACE.