Saltar navegación

[ Reverberación ~ ]

O que ves na imaxe que encabezxa esta lección é un detalle dun aparello creado para simular analóxicamente o efecto de reverberación.

Consiste básicamente nuns muelles que introducen unha serie de pequenos retrasos no son que producimos. A reverberación en realidade ven sendo algo parecido ao eco que vimos antes. É decir, é un efecto que se produce polo rebote das ondas sonoras nas superficies do entorno que se produce o son. A diferencia é que o eco prodúcese en espacios abertos ou moi amplios onde hai suficiente distancia para que escoitemos o son son xeral e o rebote separados mentras que na reverberación o son rebotado se suma ao orixinal e da a sensación de que este ten un algo especial que lle da máis presencia.

Seguro que experimentaches esta sensación cando falas en espacios como un baño coas paredes cubertas de azulexos. Esto débese a que este material non é absorvente polo que o son que choca contra el é rebotado, como se se tratasde dun espello sonoro.