Saltar navegación

[•] Qué software imos usar?

 

O software principal no que se basea este traballo será PURE DATA.

Concretamente a versión extended que pods descargar NESTE LINK.

É un sistema de programación visual relativamente sinxelo, baseado en caixas que se conectan con cables emulando o que acontece cos sintetizadores modulares. Neste fragmento de vídeo podes ver unha serie de exemplos deste tipo de sintetizadores e a xente falando das súas experiencias con estes instrumentos "hardware" (físicos).

 

[Fonte: I Dream of Wires: The Modular Synthesizer Documentary (trailer)]

Pure Data tamén posúe expansións que permiten a creación e o procesamento de imaxes a través de GEM, así coma o prototipado de robots mediante dispositivos como Arduino (pduino), pero de momento centrarémonos en procesar audio e recrear entornos sonoros simples ou complexos.

 

 

Outra avantaxe importante de Pure Data é que se trata dun software multiplataforma (que opera en Linux, Macosx e Windows) e incluso pódese usar, aínda que con certas restricións coma veremos, en plataformas móbiles (como Maemo, iPhoneOS ou Android). Tamén é de libre distribución e aberto, co que con coñecementos profundos de programación poderías crear os teus propios obxectos ou modificar os existentes.

O núcleo de Pure Data foi escrito e é mantido por Miller S. Puckette (http://crca.ucsd.edu/~msp/) un tipo guai que liberou toda a información referente ó programa para permitir o traballo de moitos desarrolladores (http://www.puredata.org/).

Todos eles deron lugar a unha auténtica comunidade internacional de usuarios que resolven dúbidas e comparten o material que crean a través de foros, listas e webs. Tamén desenvolven funcións adicionais chamadas “externals” ou “external libraries”, para unha gran variedade de propósitos: procesado de video, manipulación de obxectos en 3 dimensións, modelado de obxectos físicos virtuais, etc.

Tamén empregaremos AUDACITY un software que permite gravar audio en multipistas e co que probablemente xa estés familiarizado.

 

 

E para conectar Audacity e Pure Data instalaremos un terceiro programa chamado JACK que permite enrutalos mediante cables virtuais permitindo que intercambien datos de audio e MIDI. De este modo poderemos xenerar sons en Pure Data e gravalos en Audacity así como editar posteriormente estes sons e misturalos con outros.

 

 

Por último, traballaresmos con Virtual MIDI piano keyboard (VMPK), unha emulación dun teclado convencional co que podemos tocar notas que activen os sons previamente creados en Pure Data.