Saltar navegación

[ Primeiro son ~ ]

 

Nesta primera lección empezamos a nosa andadura para comprender o fenómeno sonoro centrándonos na cualidade da altura.

Aprenderemos, entre outras cousas, a relación entre ondas sonoras e números, o qué é un glissando e como facelos dixitalmente e experimentar con eles, como interpretar a representación do son nunha gráfica, compoñeremos música meteorolóxica, comprobaremos a nosa idade acústica e descubriremos como escoita un coello de indias.

Para que poidas experimentar con esta particularidade acústica creamos un programiña moi sinxelo creado coa linguaxe de programación Pure Data. O programa que creamos, ou "patch" ­así e cómo se chama a unha configuración que crea un son­ o atoparás en dúas versións, unha máis, digamos, superficial, coa que podes interactuar ­na sección "cómo funciona?"­, e outra algo máis explícita que te permite entender cómo está feito o programa ­"Cómo está feito?"­ e, a medida que, vaiamos avanzando e incorporando máis coñecementos, poderás chegar a crear os teus propios instrumentos.

Este esquema repetirase en todas al leccións. Imos aló!