Saltar navegación

[ PRESENTACIÓN ~ ]

Unha importante parte da creación musical contemporánea está marcada, primeiro, pola entrada da electricidade nas nosas vidas, e despois pola irrupción das computadoras e o proceso de dixitalización do son.

Esto permitiu introducir nos procesos compositivos unha serie de variables novas expandindo aspectos como o timbre, a espacialización, a posibilidade de explorar máis en profundidade modelos matemáticos para crear música, e ampliar o noso coñecemento do fenómeno sonoro. De todo esto é do que imos falar nesta web ca finalidade de que aprendas cómo facer música creando sons dende cero.

É importante establecer unha clara diferenciación entre aquela música na que os ordenadores interveñen só nunha parte concreta do proceso (na edición ou distribución por exemplo), de aquela outra na que o computador se convirte nun instrumento musical en sí mesmo coa capacidade de xenerar sons propios perfectamente recoñecibles. Este será o enfoque do noso traballo e máis que imitar certos sons traicionais dende un ordenador, procuraremos achegarnos a todas esas sonoridades que serían doutro modo inabordables.

SON DIXITAL

Para aproveitar ao máximo estas leccións pode ser de moita axuda ter coñecementos técnicos básicos de audio dixital. Se queres familiarizarte con diferentes conceptos ou repasar aspectos xerais podes ir á sección Son Dixital.