Saltar navegación

[ Notas ~ ]

 

Neste tema traballaremos sobre certas frecuencias que se convertiron en definidas e fixas e que, en relación a un sistema musical dado, adquiriron unha identidade propia convertíndose no que coñecemos como notas.

Estas partículas sonoras poden agruparse con outras formando escalas coas que durante moitos anos os compositores crearon as súas melodías.

O interesante nesta lección é que entendas que estas frecuencias fixas non son inmutables, podes experimentar con diferentes frecuencias creando as túas propias escalas ou sistemas de notas coas que crear melodías buscando sonoridades novas.