Saltar navegación

[ Frecuencia Modulada ~ ]

 

Se te lembras na Síntese Aditiva aprendimos a xenerar sons sumando ondas sinxelas para construir timbres máis complexos. O problema e que cada oscilador que creamos consume recursos do noso oscilador. Así, para crear un son realmente con moitos armónicos necesitaríamos sumar moitas destas fontes sonoras.

Como unha das obsesións das xente que traballa en tecnoloxía é optimizar recursos buscáronse varias estratexias para subsanar este problema. Unha delas é a que veremos nesta lección, a Síntese de Frecuencia Modulada, ou FM, e a outra é a Síntese de tabla de ondás da que falaremos na seguinta lección.

A Síntese FM básase na explotación dun efecto chamado vibrato, o que acontece é que cando se esaxera empezan a xenerarse gran cantidad de parciáis moi interesantes.

Realmente a síntese FM usa a mesma operación matemática que na síntese aditiva so que agora o plantexamento é algo diferente. Ao situar esta operación antes de que o oscilador principal xenere o son aparecen unha grande cantidade de novos parciáis permitindo crear sons moi ricos tímbricamente so usando dous osciladores, ainda que podemos utilizar máis se queremos facer algo máis complexo.

Imos alá!