Saltar navegación

[•] Estructura das leccións

Seguiremos en cada lección un esquema básico que permita entender as diferentes técnicas, sistemas e éstéticas que se tratan neste traballo: Introdución, cómo funciona?, cómo está feito? e máis coñecementos son os catro apartados nos que se divide cada lección.

Introdución

Encabezando cada tema unha introdución a modo de sumario de contidos e finalidade do aprendizaxe.

Cómo funciona?

En cada unidade poderás descargarte un instrumento dixital encapsulado listo para o seu uso. Non terás maneira de modificalo internamente, pero xogando con el e modificando os diferentes parámetros que o compoñen (coma se dun instrumento convencional se tratase) poderás familiarizarte con seu uso e obter unha boa idea tanto das súas posibilidades como do proceso sonoro representado. Tamén atoparás unha breve descrición teórica destacando certos detalles que che permitan coñecer o que acontece cada vez que pulsamos un botón, acendemos un interruptor, modificamos entradas de datos, etc...

Cómo está feito?:

Aquí “destripamos” o instrumento internamente de feito que descubras cómo foi creado. Profundar neste apartado pode ser algo tedioso ao principio, pero darache a posibilidade de personalizar ó teu gusto o instrumento proposto acadando unha visión moito máis creativa do proceso compositivo. Conecta cables por doquier e crea sistemas sonoros propios e sons máis complexos e interesantes. Gran parte do traballo dos compositores de música electroacústia na actualidade reside nesta capacidade para imaxinar un son e deseñar o instrumento dixital que o faga posible.

Máis coñecementos:

Neste apartado atoparás actividades para empregar o teu instrumento virtual e información complementaria de coñecemento do medio sonoro e conceptos de materias coma a informática, a física ou as matemáticas. Ao final incluimos unha sección con Recursos variados para ampliar información que complemente o xa explicado.