Saltar navegación

[ Ecos ~ ]

Ata o de agora traballamos producindo sons mediante síntese sonora ou mediante a transformación de audios xa existentes ou daqueles gravados por nos mesmos.

Pero hai máis formas de alterar os sons que producimos no no mesmo momento da súa síntese, da súa creación, se non na cadea previa a que os nosos altavoces convirtan esos datos en unha realidade sonora que escoitamos.

Seguro que tes visto como moitos guitarristas utilizan uns pedáis que permiten alterar o son que producen os seus instrumentos eléctricos. Son como uns aparatos colocados entre o instrumento que produce o son, neste caso as cordas da guitarra, e o amplificador que, como o seu nome indica, amplifica o seu son. Estos circuitos electrónicos permiten alterar o son orixinal de moi diversas maneiras creando timbres ou comportamentos sonoros moi especiáis e característicos ampliando e diversificando a paleta tímbrica deste instrumento. A estos elementos chámaselles efectos e imos ver como se poden facer cousas similares en Pure Data.

De feito xa usamos algúns deles, so que orientados á sintese substractiva. Seguro que lembras os filtros. Esto se pode utilizar tamén como un efecto co fin de conseguer interesantes variacións sonoras dunha fonte orixinal.

Pero o primeiro que imos ver aquel que intenta imitar un fenómeno moi curioso que aontece na natureza; O eco.

Seguro que experimentaches algunha vez esta situación sonora na que emites un son e despoís de ter acabado é como se alguen repetise parte do que dixeches.

Esto prodúcese porque o son, que non deixa de ser unha enerxía que se propaga no espacio pode chegar a obxectos alonxados a diferentes distancias e que, debido ás súas cualidades materiáis, fan que as ondas sonoras reboten e volten a nos algo máis tarde producindo este fenómeno.

Esto podemos imitalo mediante un proceso dixital collendo un trozo de son e repetindo algunha das súas partes ata que finalmente vai desaparecendo gradualmente.

Imos experimentalo...