Saltar navegación

[ CRÉDITOS~ ]

Traballo realizado por: 

Ramón Cabezas Varela. Licenciado en Solfeo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento (2001) e en Piano (2002). Funcionario de Carreira do Corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas dende o curso 2011-2012. Ten participado coma relator en diversos cursos e seminarios sobre técnicas de gravación sonora. 

Ramón Souto Caride. Compositor español. A súa música experimenta o desenvolvemento de modelos alternativos de xeración sonora e a creación de estructuras musicais a partires do contacto con outras disciplinas. Combina instrumentos tradicionais e técnicas extendidas, novo materiais sonoros, obxetos atopados, e distintas aplicacións tecnolóxicas na vontad de crear un universo sonoro que sonda o acústico circundante con afán introspectivo.Transitando os ámbitos do humano a través das distintas manifestacións do son do noso tempo. Dende 2010 leva a dirección artística de Vertixe Sonora.

Xoán-Xil López Rodríguez. Licenciado en Musicoloxía (1996). Funcionario de Carreira do Corpo de Profesores de Ensino Secundario dende o curso 1998-1999 na especialidade de Música con destino definitivo no IES de Ames.

Membro activo dos colectivos www.escoitar.orgwww.notours.org e www.mediateletipos.net cunha traxectoria consolidada na reflexión sobre a experiencia da escoita a fonografía e as prácticas sonoras contemporáneas. Artista sonoro e improvisador con experiencia na programación na linguaxe de programación de audio Pure Data.

Todo o material orixinal recollido neste proxecto está suxeito á licencia creative commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual. O resto material de terceiros está incluido con permiso explícito do autor ou embebido a partir de servicios de terceiros polo que pode estar rexistrado baixo outro tipo de licencias documentos e aparece aquí citado exculisvamente cunha finalidad educativa (análisis, comentario o juicio crítico).

nota: A maior parte do material aquí presentado foi creado durante unha licenza retribuída concedida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o primeiro trimestre do curso 2013/2014 para o proxecto “Creación de materiais curriculares dixitais. Novas tecnoloxías na Aula de Música. Contextos de aplicación na E.S. Este traballo que xurde da necesidade de facilitar o achegamento, tanto de alumnos como de profesores, ás tecnoloxías dixitais e ás estéticas musicais contemporáneas a partir da creación e manipulación de obxectos sonoros dixitais.