Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

Como a propia palabra explica a Síntese Substractiva consiste en substraer ou eliminar parte da materia sonora para quedarse coa parte que nos interesa. Esto se pode facer cuns elementos chamados filtros que dependendo da parte do rango de precuencia será dun tipo ou doutro.

É probable que coñezas o concepto de ecualizar cando utilizas un reproductor de son no que podes axustar se queres que se escoiten máis as frecuencias graves, medias ou agudas. Pois un ecualizador ven sendo un filtro so que os que nos usamos poden ter un efecto máis radical e están pensados para conseguir resultados máis musicáis.

Se te fixas no noso novo patch eliminamos o oscilador puro, ou senoidal, xa que este produce unha onda pura que, ao ser tan sinxela non da xogo á hora de filtrala. O resto xa son máis complexas e os ruidos dan resultados moi interesantes.

 

 

Os osciladores están conectados a unha serie de filtros antes de chegar á saida de audio onde controlamos o volume xeral. Verás que temos catro tipos de filtros. Realmente é moi sinxelo entender o que fai cada un; o pasa baixo que, a partir da frecuencia que lle indiquemos vai eliminando o espectro do son hacia os agudos, o pasa alto que funciona ao revés, é decir; a partir da frecuencia que lle marquemos non deixará pasar frecuencias, ou parciáis, por debaixo do que lle indiquemos, e logo está o pasa banda que se concentra na frecuencia marcada e vai eliminando progresivamente o resto cara ó agudo e cara o grave.

Se te fixas este ten un parámetro máis chamado "Q" que sería algo así como a precisión coa que se concentra na frecuencia que lle marcamos. Fai provas e verás os diferentes resultados no espectrograma. Proba a activar e desactivar os filtros para comprobar como afectan ao son orixinal. Conseguiras entendelo meyor se traballas co ruido branco, xa que contén todas as frecuencias e así verás o resultado con claridade.

Por último temos unha versión do pasa banda pero neste caso ten a peculiaridade de que podemos controlar o movemento do efecto, o que moi útil para sintetizar certos efectos nos que o filtro non funciona de xeito estático.

Tamén incluimos este /sintetizador substractivo para que poidas usar o teclado do teu ordenador e tocar melodías.

Video