Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

Aquí tes dous patches. O primeiro é máis sinxelo e suma catro osciladores de onda senoidal que permiten superpoñer varias capas de son a diferentes que se misturan e parte das teorías de Fourier segúna as que todo son complexo se pode descompoñer nas súas partes máis sinxelas. Por iso incluimos aqí un espectrograma que non analiza a forma de onda cómo fai o noso osciloscopio, se non que analiza as compoñentes que se mezclan no noso son, os seus ingredientes.

Agora temos unha frecuencia inicial (fundamental) e as outras tres van a ser múltiplos desta.

Se seleccionas unha frecuencia de 100 HZ para o xeral o primeiro oscilador soa nesa altura, pero o resto cambiará a 200, 300, e 400. Fíxate que, escollas a frecuencia que escollas nesta caixa, vai determianar a altura do noso primero oscilador (fundamental) e o resto sempre se manterán en proporción. Os tres osciladores que están por encima chámanse parciáis e cando respetan esta relación proporcional ao son fundamental son armónicos, mentras que se esta relación se altera se serían inarmónicos e producirían otro tipo de sons que moitas veces resultan moi interesantes.


 

Fíxate tamén en que a relación de volumen de cada parcial vái de máis a menos a medida que nos alongamos da fundamental. Esto é porque se o resto tivera máis volumen que a fundamental esta perdería o seu protagonismo e entón estariamos escoitando outra altura como a principal.

Proba a xogar modificando estos valores. Podes alterar a altura e ver cómo se modifican os parciáis, podes alterar o volumen de cada parcial e tamen podes alterar o valor de relación de cada parcial respecto á fundamental e escoitar como soarían outros parciáis máis alonxados.

O segundo patch, /síntese aditiva con envolventes, é algo máis complexo e está formado por seis osciladores engadindo a cada oscilador a súa propia envolvente, o que permite que o son sexa menos estático e se vaia modificando no transcurso do tempo variando o seu timbre.

 A síntese aditiva é máis versátil cando traballamos cun maior número de osciladores e, ainda máis, se traballamos con diferentes envolventes para cada oscilador e controlamos así cómo aparecen e desaparecen uns e outros parciáis do noso son.

Tamén engadimos aquí a posibilidade de que o son se repita cando remate para que poidas facer as túas probas sonoras de xeito máis sinxelo. So tes que activar a opción "loop".

 

 

Video 1

Video 2