Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

Este patch inclue todo o anterior e engadímoslle un sistema que nos permita controlar a altura e o volume co noso rato. Esto xa se parecería máis ao que é un instrumento musical convencional. O rato ou un teclado MIDI sería o "interface" similar ao que nun piano é o seu teclado, os nosos osciladores serían as cordas e os altofalantes a caixa de resonancia.

Poderías controlar o programa de tres xeitos:

Usando piano eléctrico ou teclado controlador que envíe datos MIDI

Usando a emulación de teclado VMPK configurando o software Jack para poder utilizado.

A outra posibilidade é usar o rato, o que é menos versátil pero igualmente interesante xa que permite dar notas que non responden necesariamente a unha afinación tradicional. Neste caso tes que activar o interface azul (on/off), mover sobre él o rato e facer click cando queres que emita son. Cando te moves de esquerda a dereita controlas a altura e cando o fas de abaixo para enriba estás controlando o volume.

 

Agora mesmo os sons producidos polo noso instrumento son moi sinxelos e ademáis é monofónico, pero pouco a pouco iremos desenvolvendo as súas capacidades para conseguir sons máis e máis complexos e ter máis control sobre o instrumento.

 

Video