Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

Imos engadimos un novo elemento á noso sistema de facer sons. No anterior exemplo non podíamos controlar a duración dos sons e o volumen con facilidade.

Unha das formas máis utilizadas cando facemos síntese sonora é o sistema de envolventes. Este permite automatizar o volume de xeito que lle podiamos decir, cunha precisión de milisegundos, non só canto tempo queremos que dure antes de desaparecer, se non cómo queremos que se comporte o volume durante ese tempo.

 

 

Por exemplo, que empece subindo pouco a pouco ata acadar a intensidade máxima e logo descenda ata desaparecer. Ou que, como faría unha nota dun piano, empece de golpe e vaia desaparecendo. A envolvente imprímelle moito carácter aos sons.

Neste novo instrumento podes controlar a duración e a envolvente na ventá gris.

Fíxate que, por defecto, o son que producirá cando pulses o botón verde vai durar 1000 millisegundos, é decir, un segundo, e que durante ese tempo o volume subirá ata 1 a metate do tempo (500ms) e descenderá ata desaparecer durante outros 500 milisegundos.

 


Agora proba a modificar a duración, fíxate que se comporta igual pero nun tempo maior ou menor, dependendo de se baixaches o subiches o número na caixa numérica.

Proba tamén a facer click no punto central da envolvente e movelo. Agora o comportamento do volumen durante ese tempo cambia. Incluso podes facer click en calquera otro sitio e aparecerán máis puntos que podes mover dando forma ao son e xenerando dinámicas máis expresivas que as que conseguimos ata o momento.

Se quedes borrar os puntos non tes mais que seleccionalo e darlle ao botón de borrar no teu teclado.

Tamén incluimos esta outra versión na que se fai sen o elemento visual basando todo o proceso en valores numérico.

 

 

 

Video 1

Video 2