Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

Nesta lección incluimos dous patches. O primero ten dous tipos de ondas e dous tipos de ruido. O segundo é unha versión algo máis complexa que inclue máis tipos de onda como son a cuadrada e a triangular.

Escoita os matices e diferencias que se producen entre unha e outra onda. Tamén podes pensar en que sons que coñeces se parecen máis a unha sonoridade ou a outra. En ambos hai elementos que xa vimos antes, como o volume e o osciloscopio.

Na versión reducida tes unha onda senoidal, que é a onda máis sinxela.

 

 

 

E unha onda de dente de serra, chamada así pola súa forma según verás no osciloscopio.

 

As ondas responden á altura, así que podes variar os Hertzios e facer glissandos, mentras que os ruidos, branco e rosa, son sons que non teñen altura determinada xa que están formados por unha serie de oscilación aleatorias de tal complexidade que o noso oído non pode extraer unha sensación de altura estable.

 

 

O ruido rosa é algo diferente xa que predominan as frecuencias máis graves.

 

 

Proba a xogar co patch. Fíxate que se seleccionas un tono e un volumen e cambias entre senoidal e dente de serra a nota se mantén, pero cambia a súa cualidade. O primeiro é máis doce e o segundo algo máis agresivo. Incluso, ao mesmo volumen, o segundo da impresión de soar máis forte xa que a intensidade dun son non só depende do volume senon que moitas veces sons con diferentes timbre e altura, pero coa mesma intensidade absoluta, son percibidos con diferente intensidade relativa.

Na versión /timbre v2.0 (encapsulado) incorporamos outras ondas que están feitas a partir das anteriores e que son a onda cuadrada e a onda triangular.

 

Video