Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

Este patch é moi parecido ao primeiro de todos cun oscilador e un osciloscopio no que podemos ver o comportamento da onda, pero agora engadimos un elemento para controlar a intensidade ou volume.

Cando subimos a barra verde ­fai click, mantén pulsado e arrastra­ increméntanse os valores de dúas caixas que indican o volume en dúas unidades diferentes pero equivalentes; RMS, o máis utilizado en Pure Data, no que 0 é ningún volumen e 1 é o máximo volumen, e decibeliso, dB, que é outra unidade de medida máis frecuente nos equipos de son convencionais.

Fíxate que nos patches anteriores tiñamos un volume fixo. Agora o podemos modificar. Proba e verás que acontece coa onda no oscilador.

 

A onda faise máis estreita ou máis ancha no eixo vertical. Cando máis estreita o son disminue o seu volumen, é máis suave, move menos enerxía, e cando máis ancha o son aumenta o seu volume.

Video