Saltar navegación

[•] Cómo funciona?

Neste patch imos facer que o son se mova dun lado a outro e imos xogar con tres posibilidades que podes escoller no selector que aparece logo debaixo de onde cargamos o noso son.

 

 

A primeira tes un "slider" horizontal e podes mover o son de dereita a esquerda. Para ter unha sensación de movento é preciso que teñas conectado o teu ordenador a un equipo de son estereo ou estés usando uns cascos e verás como o son pasa dun lado a outro.

Na segunda opción o movemento é automático. Proba a incrementar a velocidade e poderás escoitar como o son pasa diante túa dun lado a outro.

E o último é algo máis experimental. Crear secuencias sinxelas de movemento do son. Se te pos encima do "pan_control" verás que o teu punteiro ás veces cambia de orientación. Cando esto acontece se fas click, mantes pulsado e arrastras podes cambiar a súa posición en vertical. Cando unha destas marcas está arriva o son sairá pola dereita e cando está abaixo pola esquerda. Deste xeito podes facer que o movemento do son vaia de dereita a esquerda seguindo diferentes secuencias.

Neste caso termos 10 valores aos que se pode mover pero se queres podes escoller menos. Para facer máis teríamos que reconfigurar o sistema, se te interesa podes ver a sección "Cómo está feito?".

Tamén podemos escoller a velocidade coa que queremos que pase dun valor a outro. Esto o facemos coa opción "tempo". Casnto maior sexa o seu valor maior tempo lle levará pasar dun valor a outro e o cambio será máis progresivo.

Video